InicioSucesosCinco veciños da Mariña aceptan dous anos de cadea por tráfico de...

Cinco veciños da Mariña aceptan dous anos de cadea por tráfico de drogas

Os cinco fano antes da celebración do seu xuízo

Publicada o

- Advertisement -

Cinco veciños da zona da Mariña aceptaron este xoves, antes da celebración do seu xuízo na Audiencia, diferentes penas de cárcere, ata un máximo de dous anos, por un delito de tráfico de drogas, que implicou varios rexistros en Foz e en Barreiros nunha operación que se realizou en febreiro de 2021.

Do seis acusados iniciais, cinco chegaron a un acordo coa Fiscalía e ao sexto retiróuselle a acusación. Así, dous deles aceptaron dous anos de cárcere e multas de 9.500 euros, a un terceiro a mesma pena privativa de liberdade pero con 19.800 euros de multa. Os outros dous teñen como sanción 1 ano e nove meses de cárcere e 11.700 euros de multa.

Na acusación inicial pedíanselles penas de seis, catro e tres anos de cárcere e o pago de multas de 28.436, 59.380 e 23.356 euros.

No acordo, a Fiscalía aceptou a atenuante de adicción, xa que todos eran consumidores naquel momento e considerou que esa adición foi determinante na comisión dos feitos.

Tamén influíu na decisión da rebaixa de pena a dilación indebida do proceso, que tivo lugar, concretamente, entre febreiro de 2022 e abril de 2023, e de maio de 2023 a maio de 2024.

Catro dos acusados pasaron entre catro e cinco meses en prisión preventiva despois dos feitos, que se remontan a 2021, no mes de febreiro, cando nun dos rexistros realizados en Foz, nun piso que compartían para estas actividades e nos seus respectivos domicilios, atoparon drogas, concretamente cocaína e haxix, por valor de 9.463 euros.

A outro deles acusóuselle de levar a Foz desde unha localidade do País Vasco haxix por valor de 11.674 euros e atopáronselle 12.485 euros procedentes do tráfico.

Noutro dos rexistros realizados por mor dun intercambio de drogas na zona de Abadín durante eses días descubriron cocaína valorada en 11.640 euros.

A petición de suspensión de pena, que se solicita cando son delitos con penas inferiores a dous anos, coñecerase cando se faga pública a sentenza.

ÚLTIMAS

Cristina Lagares, libraría Bahía: “Quero continuar co modelo de traballo da libraría porque sempre funcionou ben”

Cristina Lagares, -Por que te decidiches a embarcarte nesta aventura da Libraría Bahía? Antes disto...

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...