InicioSucesosDeteñen a un condutor cun permiso falso e cunha orde europea de...

Deteñen a un condutor cun permiso falso e cunha orde europea de arresto en Mondoñedo

Segundo informou o Instituto Armado, o detido, no momento que foi identificado polos axentes, presentou cunha fotografía un permiso de conducir expedido supostamente no seu país de orixe, en Rumania, pero o home nunca tivo carné de conducir.

Publicada o

- Advertisement -

Garda Civil detivo en Mondoñedo a un cidadán estranxeiro, de 29 anos, que conducía cun permiso falso e sobre o que constaba unha orde europea en vigor de detención. Segundo informou o Instituto Armado, o detido, no momento que foi identificado polos axentes, presentou cunha fotografía un permiso de conducir expedido supostamente no seu país de orixe, en Rumania. Ante isto, os axentes solicitaron ao país que informen se ten o permiso de conducir en vigor. Foi entón cando constataron que o home nunca tivo carné de conducir. As dilixencias policiais e o detido foron postos a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...