InicioSucesosInvestigan a morte dunha muller tras encontrar o seu coche na cuneta...

Investigan a morte dunha muller tras encontrar o seu coche na cuneta entre Cervo e Burela

Publicada o

- Advertisement -

Unha muller de 28 anos de idade, M.R.C., perdeu a vida este martes tras saírse da vía o vehículo que conducía pola estrada LU-P-1510, e quedar na cuneta, segundo informou o CIAE 112 Galicia. O 112 recibiu o aviso por este accidente pouco antes das 8,30 horas, cando un particular chamou para informar de que vía un vehículo na cuneta, no quilómetro 2 da estrada provincial que une Cervo e Burela.

Segundo o informante, había unha persoa fóra do coche, apoiada na xanela, e aparentemente falecida. Desde o CIAE pasouse aviso aos servizos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local. O 061 desprazou ao lugar unha ambulancia de soporte vital avanzado e unha ambulancia de soporte vital básico, ademais de persoal do CSM de Cervo. A pesar dos esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da muller, que era a única ocupante do coche.

ÚLTIMAS

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...

Burela reforza recursos ante emerxencias cardíacas con novos desfibriladores

O Concello de Burela continúa reforzando os seus medios de resposta ante emerxencias cardíacas...