InicioSucesosDúas persoas feridas nun accidente en Barreiros, unha tivo que ser excarcerada

Dúas persoas feridas nun accidente en Barreiros, unha tivo que ser excarcerada

Así, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitou a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros e dos voluntarios de Protección Civil de Barreiros, así como da Garda Civil de Tráfico e dos servizos de mantemento da estrada

Publicada o

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas este venres nunha colisión en Barreiros, neste sentido, un dos condutores tivo que ser excarcerado polos bombeiros e ambos foron trasladados posteriormente ao Hospital de Burela.

Segundo informou o 112 Galicia, foi un particular quen pasada as 21,30 horas alertou de que dous coches acababan de chocar no quilómetro 565 da N-634, en Reinante, e que un dos condutores era incapaz de saír ao exterior.

Así, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitou a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros e dos voluntarios de Protección Civil de Barreiros, así como da Garda Civil de Tráfico e dos servizos de mantemento da estrada.

Con todo, tras chegar ao lugar dos feitos os equipos de emerxencias confirmaron que unha das persoas estaba atrapada, polo que os bombeiros procederon a excarcerala. Finalmente foi trasladada xunto co outro condutor ao Hospital da Costa, en Burela.

ÚLTIMAS

Alcoa poderá deixar de ser “empresa en crise” a final de ano

Alcoa manifestou que a finais deste ano, no último trimestre de 2025, "poderá deixar de...

ACISA e Concello de Ribadeo asinan un convenio de colaboración cunha axuda de 20.000 euros

Acisa e Concello de Ribadeo asinaron o convenio de colaboración anual que regula a...

V Edición do Enduro Monte Castelo en Burela

O Concello de Burela un ano máis a carreira Enduro Monte Castelo. A V...

Foz amplía o horario da Biblioteca Municipal ‘Salgado Toimil’

O Concello de Foz continúa mellorando os servizos culturais, neste caso da súa biblioteca...