InicioSucesosDetido un veciño de Ribadeo buscado pola xustiza ao que se cachou...

Detido un veciño de Ribadeo buscado pola xustiza ao que se cachou con 200 gramos de cocaína e 700 de haxix

O detido atópase en prisión internado no centro de Bonxe desde a súa posta a disposición da xustiza.

Publicada o

- Advertisement -

Un home de 24 anos residente no municipio lugués de Ribadeo ao que buscaba a xustiza para o seu ingreso en prisión foi detido pola Garda Civil tras ser identificado nun operativo no que foron intervidos 200 gramos de cocaína e 700 de haxix. Segundo informou a Garda Civil nun comunicado remitido aos medios este luns, o home foi arrestado o sábado 25 de xaneiro e o xulgado de instrución número 1 de Mondoñedo decretou o seu ingreso en prisión.

O home tiña unha requisitoria xudicial por ser condenado en sentenza xudicial con internamento nun centro penal. No momento da identificación, os axentes descubriron que tiña no seu poder 200 gramos de cocaína e 700 de haxix, ademais de útiles para manipular estupefacientes como unha báscula de precisión ou plásticos para preparar os envoltorios. O detido atópase en prisión internado no centro de Bonxe (Lugo) desde a súa posta a disposición da xustiza.

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O que non di publicamente a Xerencia é que as Urxencias en Foz dependerán da voluntariedade dos médicos”

  -Cales son as últimas novidades que teñen en Foz sobre o horario de atención...

A ‘Oca Inmigrante’ en Burela promove a convivencia e inclusión entre alumnado de primaria

  O Concello de Burela, a través da súa área de Inmigración, desenvolveu estes días...

O alcalde de Foz pide “por escrito” garantías de que o centro de saúde non pechará os sábados pola mañá

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantén a súa preocupación pola situación na que...