Unha muller faleceu nas últimas horas tras sentirse indisposta cando se atopaba no aparcadoiro da praia das Catedrais, en Ribadeo. Segundo informaron fontes do CIAE 112 Galicia, os servizos de Emerxencias recibiron unha chamada dun particular sobre as 12,30 horas deste domingo, alertando de que unha muller se atopaba mareada e estaba cun grupo de persoas no aparcadoiro da praia.
Pouco despois, unha nova chamada alertaba de que a situación empeorara, xa que a señora perdera a consciencia, e urxían unha ambulancia. Desde o 112 Galicia deuse aviso ao servizo de Urxencias Sanitarias 061, ademais da a Garda Civil e á Policía Local. Cando os sanitarios chegaron xa só puideron confirmar o falecemento da muller.
