A Garda Civil detivo a un veciño de Ribadeo de 19 anos de idade como suposto autor dun delito de roubo nun despezamento. Os feitos tiveron lugar o pasado mes de xuño, cando o presunto autor subtraeu do interior dun despezamento varias pezas dun vehículo que se atopaban no interior do recinto valado do establecemento comercial. Os investigadores centraron as súas pescudas en persoas que puidesen adquirir pezas en días próximos ou se interesaron por elas e fosen propietarios de vehículos que puidesen ser susceptibles de usalas.
Tras lograr identificar aos mesmos, comprobaron que un deles era propietario dun vehículo ao que podería instalar as pezas subtraídas e ser parte delas identificables, como as lamias de aluminio e os pneumáticos que montaban. A investigación policial deu como resultado a identificación do turismo en Asturias, levando instaladas as lamias e os pneumáticos, supostamente subtraídos no despezamento de Barreiros. Tras verificar tal coincidencia, os axentes procederon á intervención das pezas subtraídas e detención do titular do vehículo. A persoa detida foi posta a disposición xudicial.