InicioSucesosUn traballador queda atrapado pola trituradora dun camión do lixo en Lourenzá

Un traballador queda atrapado pola trituradora dun camión do lixo en Lourenzá

Os medios no punto confirmaron que o home sufriu lesións nas pernas, pero permaneceu consciente en todo momento.

Publicada o

- Advertisement -

Un operario do servizo da limpeza resultou ferido nas pernas ao quedar atrapado pola trituradora do camión do lixo no municipio lucense de Lourenzá. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, sobre as 12.50 horas, un particular alertou do accidente, que tivo lugar diante dun supermercado da avenida da Mariña.

O alertador indicou que se trataba dun traballador da recollida do lixo que quedou atrapado na trituradora do camión e era incapaz de liberarse. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Barreiros, do GES da Pontenova, da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Lourenzá.

Unha vez alí, os bombeiros procederon a excarcerar ao traballador, que seguía atrapado dentro do camión e, tras sacalo do vehículo, foi atendido polos profesionais sanitarios. Os medios no punto confirmaron que o home sufriu lesións nas pernas, pero permaneceu consciente en todo momento. Pola súa banda, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 chegou a valorar a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago, aínda que non tivo que intervir: o implicado foi finalmente atendido e trasladado a bordo dunha ambulancia.

ÚLTIMAS

UGT reclama ao Goberno medios para manter a produción de Alcoa

O secretario xeral da federación de Industria de UGT, Mariano Hoya, lembrou que a...

Roi Fernández, Vendaval Fest: “O festival nace para ver música rock en directo, algo que estrañabamos”

-Quen está detrás do Vendaval Fest e cal foi a idea que deu pe...

O BNG reclama ao Goberno “urxentemente” para garantir o futuro de Alcoa

O BNG reclamará ao Goberno central "actuacións urxentes" para "garantir" a continuidade da actividade...

Mondoñedo acolle este martes o Correlingua 2025

A vila de Mondoñedo será este martes, 20 de maio, escenario dunha nova parada do Correlingua...