InicioSucesosDetidas 5 persoas por coaccións, danos, ameazas e roubo en Lourenzá

Detidas 5 persoas por coaccións, danos, ameazas e roubo en Lourenzá

Publicada o

- Advertisement -

Garda Civil detivo a cinco persoas, a quen relaciona cun roubo nunha vivenda de Lourenzá , así como cos delitos de danos á propiedade, ameazas, coaccións e lesións, por unha liorta ocorrida a principios de xuño.

A investigación iniciouse en maio, cando o propietario dunha vivenda denunciou un roubo con forza nun inmoble deste municipio. A Garda Civil relacionou este feito con outro ocorrido posteriormente: uns danos nunha leira e alpendre propiedade da mesma persoa que denunciara o roubo, e identificouse a unha persoa por eses danos, que coincidía cun dos implicados no roubo.

O sospeitoso acudiu horas máis tarde, supostamente, ás inmediacións da vivenda do denunciante para ameazalo. Semanas despois, a Garda Civil sorprendeu a dúas persoas cando pretendían ameazar e coaccionar a un familiar do denunciante, despois de cortar o paso ao seu vehículo en metade da rúa, e de tratar de apealo do coche.

O pasado 4 de xuño, os axentes teñen coñecemento de que se estaba producindo unha liorta en Lourenzá, na que dúas persoas portaban armas brancas de considerables dimensións e presentáronse no lugar onde se atopaba o denunciante dos feitos anteriores. As persoas armadas tentaron que a vítima lles deixase entrar no seu domicilio e, posteriormente, tentaron convencelo de que lles acompañase a outra localidade para entrevistarse cunha terceira persoa.

O denunciante negouse e resistiuse, polo que os sospeitosos agredírono e metérono nun coche. O vehículo foi interceptado pola Garda Civil e procedeuse á detención dos agresores. En total, por todos estes feitos, foron detidas 5 persoas e tanto os arrestados como as dilixencias practicadas foron postos a disposición do xulgado.

ÚLTIMAS

Cristina Lagares, libraría Bahía: “Quero continuar co modelo de traballo da libraría porque sempre funcionou ben”

Cristina Lagares, -Por que te decidiches a embarcarte nesta aventura da Libraría Bahía? Antes disto...

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...