InicioSucesosExcarceradas dúas persoas tras un choque entre unha furgoneta e un coche...

Excarceradas dúas persoas tras un choque entre unha furgoneta e un coche na N-642 en Cervo

Segundo informou o 112, o suceso produciuse ás 13.00 horas deste venres e foi un particular o que deu a voz de alarma e indicou que había persoas atrapadas.

Publicada o

- Advertisement -

Dúas persoas tiveron que ser excarceradas tras unha colisión entre unha furgoneta e un turismo na N-642, ao seu paso polo municipio lucense de Cervo, en Daián. Segundo informou o 112, o suceso produciuse ás 13.00 horas deste venres e foi un particular o que deu a voz de alarma e indicou que había persoas atrapadas.

Ata o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil, os Bombeiros de Viveiro e os efectivos do GES de Cervo. Unha vez no lugar, os bombeiros tiveron que excarcerar aos condutores de ambos os vehículos que foron trasladados ao centro hospitalario de referencia.

ÚLTIMAS

Acepta prisión por cinco anos logo de ser detido por levar cinco quilos de cocaína no seu coche en Ribadeo

Cinco anos de prisión e unha multa de 1.231.004,71 euros, é a condena que...

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo denuncia que Renfe prioriza Asturias tras os seus cambios internos

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo puxo de manifesto que o principal problema...

Xulgan dúas persoas por un traballador morto tras ser alcanzado por unha barra de ferro en Xove

A causa pola morte dun traballador de 45 anos nun accidente laboral ocorrido en...

Presentado en Burela o Iberdrola Surfing Day

  A Presidenta da Deputación e Alcaldesa de Burela, Carmela López, participou hoxe na presentación...