InicioSucesosDetidas dúas persoas de Foz por presunto tráfico de drogas

Detidas dúas persoas de Foz por presunto tráfico de drogas

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a dous veciños de Foz, de 43 e 37 anos de idade como supostos autores dun delito contra a saúde publica na súa vertente de tráfico de drogas.

Segundo informa a Garda Civil, os feitos ocorreron na localidade de Foz cando se observou unha persoa facendo entrega duns envoltorios de plástico transparentes a unha segunda persoa. Posteriormente comprobouse que os envoltorios que contiñan substancias de cor branca, o que fixo sospeitar que se tratase de cocaína. A persoa que entregou os dous envoltorios acabou recibindo a cambio unha cantidade de diñeiro.

A persoa que recibiu os envoltorios foi identificada e posteriormente confirmouse que a substancia era cocaína, cun peso que daría no mercado para unhas 150 doses. Unha vez comprobado isto, procedeuse á detención do posuidor da droga. Porén, nesta primeira actuación a persoa que fixo a entrega puido fuxir do lugar.

A Garda Civil procedeu a realizar as pescudas necesarias para chegar á localización da persoa fuxida que finalmente foi detida. As dilixencias policiais e as persoas detidas foron postas ao dispor do Xulgado de Garda de Viveiro.

ÚLTIMAS

Fóra de perigo o mariñeiro que sufriu hipotermia tras caer no porto de Celeiro

Un mariñeiro que caeu ao mar á altura da lonxa de Celeiro, no municipio lucense...

Ramiro Fernández: “Burela é un punto privilexiado para a observación ornitolóxica”

+ -Por que Burela decidiu apostar por novas vías turísticas na vila como, por exemplo,...

Trabada inicia as obras do circuíto pump track no seu complexo deportivo

O Concello de Trabada vén de iniciar esta semana as obras de construción dun...

O Concello de Foz anuncia aglomerado no vial das Torres esta semana

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que o novo vial das Torres vaise...