Un home foi atopado falecido na mañá deste xoves nas rocas da praia dos Castros, na Devesa, no municipio de Ribadeo. O 112 Galicia informa de que unhas persoas que se atopaban pola zona localizaron o corpo do home caído nunhas rocas na praia e chamaron sobre as 12.20 horas para dar a alerta. Aseguraban que o home estaba nun lugar de fácil acceso, xustamente á beira das escaleiras de baixada á praia.
Segundo a información recibida no 112 Galicia trátase dun cidadán de fala francesa. Nestes momentos, as forzas da orde traballan para esclarecer as causas do suceso. O 112 puxo os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil e da Policía Local. Así mesmo, informaron o persoal de Salvamento Marítimo e a Gardacostas de Galicia.
