InicioSucesosAsí foi o embarrancamento do Nuevo Libertad; temporal e ventos de 65k/h

Así foi o embarrancamento do Nuevo Libertad; temporal e ventos de 65k/h

O barco xa foi reflotado e levado a porto.

Publicada o

- Advertisement -

Os cinco tripulantes do pesqueiro ‘Nuevo Libertad’, de 26 metros de eslora, que quedou escorado pola baixamar en Rinlo, fronte a Ribadeo, foron rescatados sans e salvos pola Pesca-2 de Gardacostas de Galicia nun dispositivo coordinado por Salvamento Marítimo.

Segundo informaron fontes de Salvamento Marítimo e do 112, ás 00,29 horas o pesqueiro, que se dedica á captura de volante no Cantábrico, deu aviso de que estaba varado na enseada da Lousa, en Rinlo con cinco tripulantes a bordo. Salvamento Marítimo mobilizou a embarcación Salvamar Alioth, a LS Saturno operada con Cruz Vermella e o helicóptero Pesca-2 da Xunta de Galicia. Na zona había temporal con condicións meteorolóxicas adversas e refachos de vento de 35 nós (62-74 km/h).

O propio pesqueiro comunica que se está escorando pola baixada da marea e para reflotalo será necesario esperar á pleamar ás 5.00 horas. O CCS Fisterra coordina as operacións en contacto coa Capitanía Marítima de Burela. Para o rescate dos cinco tripulantes, o CCS Fisterra instrúe ao helicóptero Pesca 2. Ás 1.50 horas, os rescatados, a salvo, foron trasladados á súa base en Celeiro (Lugo) e logo a Burela, onde ten base.

OPERACIÓNS DE REFLOTAMIENTO

Ás 5.42 horas a Salvamar Alioth e a LS Saturno lograron reflotar con éxito o pesqueiro, que puido navegar cos seus propios medios ata Burela, xa que non tiña vía de auga. “A alerta inmediata e a resposta coordinada dos responsables das operacións cos propios tripulantes do pesqueiro permitiu pór a salvo ás persoas e reflotar a embarcación evitando tamén potenciais danos ao medio ambiente “, destacou o xefe do Centro de Coordinación de Salvamento de Fisterra, Manuel Capeáns. Ningún dos tripulantes precisou asistencia sanitaria.

Tamén foron informados por parte do 112 os axentes da Garda Civil, efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia, por se fose precisa a súa intervención.

ÚLTIMAS

Un ferido logo de envorcar un camión no Vicedo

O condutor dun camión resultou ferido este mércores no Vicedo (Lugo) tras saírse da...

Sanidade nega “graves deficiencias” en material nos centros de saúde da Mariña

A área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos saíu a desmentir...

O BNG de Foz alerta do atranco no desaugue na praia da Areoura

O BNG de Foz denuncia o mal estado da tubaxe que pasa por debaixo...

ACISA Ribadeo entrega os premios da campaña de San Valentín

ACISA Ribadeo sorteou e entregou este mércores os premios da campaña de San Valentín. Roberto...