InicioSucesosMorre unha muller de 72 anos en Lourenzá ao caer por un...

Morre unha muller de 72 anos en Lourenzá ao caer por un desnivel de tres metros cando traballaba nunha leira

Segundo informaron os servizos de emerxencia, o accidente produciuse ao redor das 12.00 horas da mañá deste xoves no lugar de Castiñeiras Verdes, que pertence á parroquia de San Tomé de Lourenzá.

Publicada o

- Advertisement -

Unha muller de 72 anos faleceu este mércores ao caer por un desnivel cando realizaba traballos de roza nunha leira privada situada no municipio lugués de Lourenzá. Segundo informaron os servizos de emerxencia, o accidente produciuse ao redor das 12.00 horas da mañá deste mércores no lugar de Castiñeiras Verdes, que pertence á parroquia de San Tomé de Lourenzá.

A vítima, de iniciais A.M.G.G., atopábase realizando tarefas de roza cunha fouce na leira cando se precipitou desde unha altura de tres metros. Desprazados ao lugar, os efectivos de Urxencias Sanitarias 061 non puideron facer nada pola vida da muller, que faleceu no lugar. Ata a zona tamén se mobilizaron axentes da Garda Civil e da agrupación de voluntarios de Lourenzá.

ÚLTIMAS

José Quelle, O Vicedo: “Queremos manter unha data consolidada cada ano para o Trail”

-Como vai discorrer este IV Trial do Vicedo? Son tres probas. Hai dúas carreiras, unha...

As escolas deportivas de Ribadeo abren o prazo de inscrición o vindeiro luns

As Escolas Deportivas de Verán, que organiza o Concello de Ribadeo, ofrecen as especialidades...

Xornada sobre a velutina no Concello de Barreiros

As Escolas Vellas de San Miguel de Reinante acolleron esta mañá a xornada técnica...

‘Hablando de Pájaros’ presentará actividades de ecoturismo aos asociados a ACISA Ribadeo

O próximo 27 de maio a empresa Falando de Paxaros presentará as súas actividades...