InicioSucesosDeteñen un home en Mondoñedo como presunto autor de roubos de diñeiro...

Deteñen un home en Mondoñedo como presunto autor de roubos de diñeiro en Ribadeo

Segundo informa a Garda Civil, sería un veciño do municipio ourensán de Maside, a quen lle atribúen dous supostos delitos de roubo con forza en interior de vivendas.

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil detivo en Mondoñedo a un home de 72 anos como presunto responsable de acceder a domicilios do municipio de Ribadeo para roubar diñeiro en efectivo e varias ferramentas.

Segundo informa o Instituto Armado, a este septuaxenario, un veciño do municipio ourensán de Maside, atribúenselle dous supostos delitos de roubo con forza en interior de vivendas.

De feito, no marco da detención, interviñéronse varios útiles susceptibles de ser utilizadas na comisión dos roubos. O home xa foi posto a disposición xudicial.

Tal e como relata a Garda Civil, o presunto autor accedeu ao interior das vivendas a través das xanelas e, unha vez dentro, subtraeu diñeiro en efectivo e varias ferramentas que están pendentes de valoración.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...