InicioSucesosInvestigan as causas da morte do traballor nunha obra en Foz

Investigan as causas da morte do traballor nunha obra en Foz

Publicada o

- Advertisement -

Un traballador foi achado morto este sábado nunha obra en Foz, segundo informou o 112. O servizo tivo coñecemento dos feitos pasadas as 00,10 horas, cando o persoal dos servizos sanitarios solicitou a colaboración das forzas da orde.

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu o aviso de que un operario non regresara ao seu domicilio despois de traballar nunha obra situada no Campo da Cabana, en Foz. Foi entón cando se desprazaron ata o lugar para prestar asistencia ao implicado, aínda que finalmente só puideron certificar o seu falecemento.

Os xestores do 112 avisaron aos axentes da Garda Civil, que traballan para esclarecer as circunstancias do suceso.

ÚLTIMAS

José Quelle, O Vicedo: “Queremos manter unha data consolidada cada ano para o Trail”

-Como vai discorrer este IV Trial do Vicedo? Son tres probas. Hai dúas carreiras, unha...

As escolas deportivas de Ribadeo abren o prazo de inscrición o vindeiro luns

As Escolas Deportivas de Verán, que organiza o Concello de Ribadeo, ofrecen as especialidades...

Xornada sobre a velutina no Concello de Barreiros

As Escolas Vellas de San Miguel de Reinante acolleron esta mañá a xornada técnica...

‘Hablando de Pájaros’ presentará actividades de ecoturismo aos asociados a ACISA Ribadeo

O próximo 27 de maio a empresa Falando de Paxaros presentará as súas actividades...