IniciosociedadeTres colexios da Mariña contarán cun laboratorio de radio na biblioteca

Tres colexios da Mariña contarán cun laboratorio de radio na biblioteca

O Ceip nº 1 de Foz e os de Covas e Celeiro participarán nun programa que impulsa a Xunta

Publicada o

- Advertisement -

Tres centros da Mariña Lucense contarán este curso con laboratorios de radio nas súas bibliotecas.

Trátase do Ceip de Foz número 1, do Ceip de Celeiro e do Ceip Plurilingüe de Covas. Estes centros, xunto co Ramón Falcón de Outeiro de Rei, súmanse aos colexios da Pobra do Brollón e o Virxe do Carme de Sober, que xa iniciaron este proxecto o curso pasado.

A Xunta de Galicia impulsa o programa ‘Radio na Biblio‘. Todos os centros forman parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe).

Para seleccionar os centros a Consellería de Educación tivo en conta a valoración acadada pola memoria da biblioteca do pasado curso 2017/18 e a localización xeográfica dos centros, dando prioridade aos que se atopan en concellos do ámbito rural.

OBXECTIVOS

O obxectivo deste programa é que o alumnado avance na adquisición das competencias informacionais e mediáticas, promover a expresión oral e o traballo colaborativo.

ÚLTIMAS

Sargadelos nega responsabilidade nos casos de silicosis e eleva o pulso coa Inspección de Traballo

Sargadelos afirma que "non é certo, nin está comprobado, que os dous casos detectados...

Viveiro convocará un pleno extraordinario para aprobar os Orzamentos 2026

O Concello de Viveiro convocará antes do 31 de decembro un pleno extraordinario para...

A promoción de mercados e o turismo sostible marcan o ano máis dinámico na Mariña

Remata un ano frutífero para o turismo da Mariña. Ao abeiro do Plan de...

‘Vila Nadal’ en Mondoñedo para todos os públicos

O Concello de Mondoñedo presentou hoxe Vila Nadal Mondoñedo, un espazo de lecer pensado para todos os...