InicioM.ambiente e PatrimonioA Mancomunidade da Mariña rematará en Barreiros a IV Edición de A...

A Mancomunidade da Mariña rematará en Barreiros a IV Edición de A Mariña en Ruta

A Mariña en Ruta é un proxecto promovido pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.

Publicada o

- Advertisement -

A cuarta edición de A Mariña en Ruta, iniciativa da Mancomunidade, rematará o vindeiro sábado, 26 de novembro, en Barreiros.

Sofía López será a encargada de guiar a andaina denominada A vida aos pés da ría de Foz-Masma. Os asistentes realizarán un percorrido circular que os achegará a un espazo de grande beleza paisaxística como un sistema dunar, a propia ría e a súa biodiversidade, o patrimonio etnográfico e a micro toponimia da contorna.

Por Foz discorreu a ruta do pasado sábado, día 19. Os participantes puideron ver moitas aves como silbón europeo, negrón común, garza real, espátula común, mazarico real, correlimos común, correlimos gordo, chorlitejo grande, aguilucho lagunero, etc. Axudados por prismáticos e por unha guía ilustrada de aves foron moitas as curiosidades consultadas sobre a migración destas especies e o traballo que desenvolven os ornitólogos para estudalas. Saúl Román foi o encargado de guiar esta visita ornitolóxica á ría de Foz.

A Mariña en Ruta é un proxecto promovido pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.

A información sobre a ruta pendente e as reservas de prazas realizarase de forma automática a través da web de Turismo de A Mariña Lucense https://amarinalucense.gal/es/a-marina-en-ruta Email: enruta@amarinalucense.gal e o teléfono 644 009 722

ÚLTIMAS

Traballadores da recollida de lixo en Viveiro non descartan ir á folga por ver “insultante” a proposta de FCC

  O servizo de recollida de lixo en Viveiro atópase nun momento de tensión. As...

O PP de Foz denuncia o colapso da desembocadura do Ouro na Pampillosa

O Partido Popular de Foz denuncia a situación “moi grave” que presenta na actualidade...

Barreiros acolle o exame COMDIX de competencias dixitais de nivel intermedio

A aula CeMIT de Barreiros acollerá o exame presencial para a obtención da certificación...

Convocada a Xunta Local de Seguridade en Viveiro para coordinar os dispositivos da Carreira CAMOVI e a Semana Santa

O Concello de Viveiro foi escenario esta mañá dunha xuntanza extraordinaria da Xunta Local...