IniciosociedadeA Xunta declara de emerxencia obras de reparación en Xunqueira

A Xunta declara de emerxencia obras de reparación en Xunqueira

O Goberno galego investirá 123.000 euros nas estradas e marxes fluviais danados pola riada

Publicada o

- Advertisement -

O Consello da Xunta de Galicia deu luz verde á declaración de emerxencia das obras de reparación dos danos causados polas inundacións en Viveiro, que afectaron a ducias de vivendas e provocaron a morte dunha anciá.

A medida posibilitará o inicio de traballos de rehabilitación, cunha dotación de 123.000 euros, nas estradas e marxes fluviais danados polo rebordamento do río Xunqueira e do regato de Trasposta.

O Executivo autonómico comprometeu nos próximos días un camión adaptado para a limpeza dos sumidoiros afectados polo rebordamento.

AVALIACIÓN DE DANOS

O Concello continúa a avaliar os danos producidos polas riadas para solicitar ao Goberno a declaración de Zona de Emerxencias de Protección Civil. O prazo de presentación das solicitudes remata o vindeiro 19 de setembro.

O goberno local ve lonxana a posibilidade de solicitar a declaración de Zona Catastrófica. Unhas 150 persoas pasaron pola oficina de asesoramento aos afectados habilitada no consistorio.

ÚLTIMAS

O Foro Económico de Viveiro trasládase a xaneiro de 2027 pola convocatoria das eleccións xerais

A celebración do Foro Económico de Viveiro, que estaba programada inicialmente para finais deste...

As ANPA trasladan as necesidades dos centros educativos ao Concello de Viveiro

O Concello de Viveiro mantivo este luns unha reunión con representantes das asociacións de...

Apoio á folga do 11N desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña anunciou o seu apoio á...

O BNG da Mariña chama a participar na manifestación do 11N en Burela

O Consello Comarcal do BNG na Mariña fai un chamamento á cidadanía para sumarse...