IniciosociedadeCurso de ciberseguridade na Aula CEMIT de Ribadeo para o 8 de...

Curso de ciberseguridade na Aula CEMIT de Ribadeo para o 8 de xullo

O curso gratuíto é apto para todas as idades.

Publicada o

- Advertisement -

A Aula CeMIT de Ribadeo acollerá un curso presencial o vindeiro venres, 8 de xullo, de 10:30 a 12:00 horas, sobre Ciberseguridade.

No mesmo abordaranse cuestións como: protexerse dos ciberataques; análise dun caso real de ciberataque, abordando os obxectivos que se perseguen, así coma os mecanismos para detectalos; e repaso das principais estafas ás que unha persoa se ve exposta no mundo en liña e os principais mecanismos para previlas.

O curso gratuíto é apto para todas as idades. As persoas interesadas en asistir poden anotarse no teléfono 982120732 ou no correo electrónico cemit.ribadeo@xunta.gal 

ÚLTIMAS

As queixas pola comida na residencia da Pontenova motivo de reunión do BNG cos usuarios

Ante as queixas xurdidas novamente na vivenda comunitaria de A Pontenova polo servizo de...

ACIAFoz sorteará unha cesta entre os clientes máis cafeteiros de 10 locais focegos

AciaFozCCA sorteará unha cesta entre os clientes máis cafeteiros de 10 locais hostaleiros. Esta...

A Garda Civil investiga a tres persoas por deliti de ameazas e inxurias

A Garda Civil investiga na localidade lucense da Pontenova os tres presuntos autores de...

Burela dá por rematadas as obras de mellora no abastecemento da rúa Lamestra

O Concello de Burela informa do remate das obras de ampliación e mellora da...