IniciosociedadeA OPP-7 de organiza a xornada divulgativa "Eu como peixe de Burela"

A OPP-7 de organiza a xornada divulgativa “Eu como peixe de Burela”

Esta acción da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela inclúese no su plan de produción e comercialización, en colaboración con Armadores de Burela e está cofinanciada pola Xunta de Galicia e o FEMP.

Publicada o

- Advertisement -

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela, en colaboración coa nutricionista Alba Vila, celebrou na mañá do martes 21 de xuño a xornada divulgativa “Eu Como Peixe” dirixida aos nenos e nenas de seis a oito anos do Colexio Plurilingüe Nosa Señora do Pilar de Foz.

A xornada consistiu nunha charla divulgativa sobre os beneficios de comer peixe, impartida pola nutricionista Alba Vila, que ademais dos seus centros de dietética en Burela e Foz, tamén coordina os menús do colexio focense.

Os pequenos amosáronse moi atentos durante a presentación, seguindo os debuxos e explicacións sobre algunhas das principais especies da lonxa de Burela: pescada do pincho, peixe sapo, peixe espada, cabala e bonito do norte; e aprendendo cales son as principais diferencias que hai entre o peixe azul e o peixe branco.

No acto participaron 75 alumnos de sexto de educación infantil e primeiro e segundo de educación primaria, que ao final da charla recibiron de mans do xerente da OPP-7, Sergio López, un regalo en forma de delantal e gorro de chef co que se preparan xa para cociñar moito peixe durante as súas vacacións deste verán.

Esta acción da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela inclúese no su plan de produción e comercialización, en colaboración con Armadores de Burela e está cofinanciada pola Xunta de Galicia e o FEMP.

ÚLTIMAS

O presidente da República de Cabo Verde recibe á alcaldesa de Burela no pazo presidencial

O Presidente da República de Cabo Verde, José María Neves, vén de recibir á...

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Finalizan en Ribadeo as Xornadas Profesionais de Corresponsabilidade

Coa presentación este mediodía do Decálogo Local pola Corresponsablidade remataron en Ribadeo as Xornadas...

Nenos e nenas das Escolas Deportivas de Barreiros saíron ao campo acompañando a xogadores do CD Lugo

As nenas e nenos das Escolas Deportivas Municipais de Barreiros foron protagonistas este sábado...