IniciosociedadeO Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza un acto sobre matriarcados en...

O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza un acto sobre matriarcados en Ribadeo este vindeiro sábado

A relatora da conferencia será Anna Boyé, antropóloga e fotoxornalista que basea o seu traballo nas sociedades matriarcais da actualidade. A través das súas viaxes (Perú, China, Sumatra, México e Guinea Bissau) e investigacións, procura a posta en valor daquelas mulleres, capaces de levar a cabo a xestión de sociedades máis xustas e igualitarias.

Publicada o

- Advertisement -

O observatorio da Mariña pola Igualdade organiza unha conferencia e exposición documental sobre os matriarcados o vindeiro Sábado 7 de maio, no Salón-Teatro de Ribadeo ás 11h.

A relatora da conferencia será Anna Boyé, antropóloga e fotoxornalista que basea o seu traballo nas sociedades matriarcais da actualidade. A través das súas viaxes (Perú, China, Sumatra, México e Guinea Bissau) e investigacións, procura a posta en valor daquelas mulleres, capaces de levar a cabo a xestión de sociedades máis xustas e igualitarias. Así, expón o matriarcado, non como un antónimo de patriarcado, senon como unha forma de estructuración social que busca a igualdade entre a muller e o home.

A xornada estructurarase da seguinte forma:

– Relatorio sobre as sociedades matriarcais da man de Anna Boyé de 11:30 a 13:00.

– Exposición documental ás 16:30h.

O obxectivo do Observatorio con estas actividades será a exposición e o aprendizaxe dunha realidade cultural e social máis invisibilizada dentro da nosa sociedade, así como a posible apertura a debates que permitan entender os diversos puntos de vista das persoas participantes. Procuramos ademais, a difusión do evento e a participación de todas aquelas persoas interesadas, pois contamos cunha gran expoñente no que respecta ao estudo das sociedades matriarcais.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...