IniciosociedadeLlano insta á Xunta a asumir ou custear atención temperá, sen logopeda...

Llano insta á Xunta a asumir ou custear atención temperá, sen logopeda 23 días

O rexedor urxe ao Goberno galego a adiantar un 80% da axuda para a contratación de persoal ou ben a xestionar o servizo

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano, solicitou nunha xuntanza da Fegamp que o Sergas ou a Consellería de Educación asuman o servizo de atención temperá, que está sen logopeda desde principios deste mes novembro.

O Concello non puido prorrogar o contrato do especialista ao non dispor dunha axuda da Xunta de Galicia, que se encarga do financiamento do servizo.

Por iso, Llano insta ao Goberno galego a asumir o servizo ou a adiantar a subvención correspondente para a contratación de persoal. O rexedor considera necesario regular e normalizar este servizo para beneficio dos seus usuarios.

O rexedor de Burela presentou unha proposta para custear o servizo dun xeito diferente. Ata o de agora, os concellos deben contratar o persoal, xustificar o gasto e agardar pola achega da xunta. 

“Acabou a contratación dun profesional e mentres non salga a subvención non hai unha xustificación para volver contratalo”, expón Llano.

SERVIZO “NECESARIO”

“Pedimos que, antes de que se outorgue a subvención, que se adiante un 80% desa cantidade, para que non se creen conflitos aos gobernos locais”, indica o alcalde, que lembra a importancia “dun servizo moi positivo e necesario, que queremos seguir prestando”. 

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O PXOM aprobouse despois de esperar seis anos polos permisos de Augas de Galicia”

-Por que se tardou tanto en aprobar o PXOM de Foz? Houbo un cambio de...

Adolfo Corral: ‘O SERGAS di que a asistencia sanitaria na Mariña está garantida, nós dicimos que non é certo’

-Ademais do persoal que traballa no centro hospitalario de Burela, ás concentracións acoden tamén...

Foz celebra a Festa do Berberecho o sábado 26 de abril

O próximo sábado, día 26 de abril chega de novo a Festa do Berberecho...

Xebra! celebrará a presentación do libro ‘Diário comboio’ de Raquel Miragaia

O centro social Xebra! acolle este venres 25 de abril a presentación de 'Diário...