InicioCentralO acceso ás praias e o Alto do Fiouco, puntos conflictivos na...

O acceso ás praias e o Alto do Fiouco, puntos conflictivos na operación especial do 15 de agosto

A DGT prevé máis de 593.000 desprazamentos na rede viaria do noroeste.

Publicada o

- Advertisement -

A Dirección General de Tráfico (DGT) prevé máis de 593.000 desprazamentos na rede viaria do noroeste, na que se inclúe Galicia, no marco da operación especial do 15 de agosto, que comeza este venres 13.

Segundo os datos difundidos pola DGT, recollidos por Europa Press, entre as 15,00 horas do 13 de agosto e as 24,00 horas do luns 16 espérase que as estradas do noroeste de España rexistren un nove por cento dos 6.590.000 movementos previsto na rede viaria estatal.

No caso concreto de Galicia, a DGT avisa de que as estradas afectadas con maior intensidade de tráfico nesta operación especial serán a AP-9, A-6, A-8, A-52, A-55 e N-550.

Por provincias, avisa dunha trintena de puntos conflitivos na rede viaria galega, a maioría nas provincias da Coruña e Pontevedra, como o acceso ás cidades e zonas costeiras como a praia da Lanzada en Sanxenxo.

Polo seu lado, nas estradas das provincias de Lugo e Ourense alerta de puntos conflitivos na zona do Alto do Fiouco na A-8, así como no acceso a praias na primeira; e na entrada á capital ourensá, na segunda.

ÚLTIMAS

Arquivada a investigación sobre os vídeos de mulleres ouriñando na Maruxaina por falta de “indicios criminais”

O Tribunal de Instancia de Viveiro, praza nº1, acorda o sobresemento provisional da causa...

Dous feridos nun accidente entre dous vehículos en Foz

Dúas persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada...

Licitada a rehabilitación de 6 vivendas para aluguer accesible en Ribadeo

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue,...