IniciosociedadeA Feira de Antigüidades da Pontenova xunta 60 expositores e agarda "8.000...

A Feira de Antigüidades da Pontenova xunta 60 expositores e agarda “8.000 visitantes”

A mostra, que se celebrará do 6 ao 9 de decembro, incluirá unha exposición sobre os zoqueiros e demostracións de oficios tradicionais

Publicada o

- Advertisement -

Sesenta firmas amosarán e venderán os seus produtos na Feira de Artesanía e Antigüidades da Pontenova, que se celebrará do 6 ao 9 de decembro.

Os dous sectores confluíran na mostra comercial que, segundo asegurou Francisco Martínez, tenente de alcalde do Concello, tivo “máis solicitudes que espazos dispoñibles”.

A feira, que se amplía nun día con respecto a pasadas edicións, reunirá trinta anticuarios de diferentes puntos do Estado, Francia e Portugal, e outros tantos postos de artesanía do barro, da madeira, do coiro ou da xoiaría.

OFICIOS TRADICIONAIS

A mostra poténciase con actividades paralelas como a exposición ‘Cos pés na terra‘, que recolle pezas, ferramentas e retratos dos últimos zoqueiros e galocheiros da provincia.

Ademais, ao longo das tres xornadas, haberá diferentes demostracións de diferentes oficios tradicionais.

A axenda da feira compleméntase cunha xuntanza de vespas, motos e coches clásicos, que tamén se convocou nas dúas últimas edicións e que espertou un gran interese entre os visitantes.

EXPECTATIVAS

O Concello agarda que pasen pola feira “unhas 8.000 persoas” e que a afluencia de público beneficie o comercio e a hostalería local. Os restaurantes da localidade ofertarán un menú ‘Especial Feira‘ a un prezo de 15 euros.

A entrada á mostra, que se ubicará na Praza dos Fornos, será gratuíta. O horario de actividade será de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas.

A Deputación de Lugo achega 12.000 euros á organización do evento.

ÚLTIMAS

Comezan as licitacións para o viaduto de Celeiro e a variante de Viveiro por 40 millóns

O Goberno galego deu luz verde definitiva ao contrato de servizo para o deseño...

Santiago González, tirador de arco: “Hai que lembrar que un arco é unha arma, por iso se debe ter unha licenza para levalo”

  -Vés de gañar o Campionato Galego de Tiro con Arco. Cal é a orixe...

A Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

A Xunta iniciará o próximo 16 de xuño, martes, a toma de mostras da...

Foz inviste máis de 200.000 euros no campo de fútbol de Malates

O Concello de Foz ten en marcha as obras de renovación do céspede artificial...