IniciosociedadeA rapazada aprende a importancia e os valores do Camiño... camiñando

A rapazada aprende a importancia e os valores do Camiño… camiñando

Alumnado do EEI San Roque de Viveiro e do CEIP San Cosme de Barreiros percorren tramos do Camiño do Mar, os primeiros e do Camiño da Costa e de Santiago, os segundos.

Publicada o

- Advertisement -
O alumnado do EEI San Roque de Viveiro realizou este venres unha Compostela propia do Camiño do Mar que foron selando en diversas paradas do roteiro dende Pénjamo ata a Ponte da Misericordia dentro do programa “Descubrindo o Camiño do Mar”.  É unha iniciativa do Concello de Viveiro que traballa dende hai anos a prol da oficialización do Camiño do Mar.
Na Praza Maior tivo lugar o selado por parte da alcaldesa, María Loureiro, que agradeceu “o traballo dos nenos e nenas, trasladando o coñecemento adquirido na aula á propia experiencia de transitar polo camiño”.
As Camiñadas deron comezo esta semana e prolónganse nas vindeiras 3 semanas, saíndo ao camiño os cursos de infantil e 1º e 2º de primaria de tódolos colexios do concello. Así, participan o EEI San Roque; CEP Lois Tobío; CEIP Santa Rita de Galdo; CEIP de Celeiro; CEIP de Covas e o colexio Landro.
CAMIÑO DA COSTA
Por outra banda, os alumnos do CEIP San Cosme de Barreiros realizaron este venres un percorrido pola costa de Asturias e Galicia para terminar a camiñada enlazando cun tramo do Camiño de Santiago.

Viaxaron en autobús desde o centro escolar até a Praia de Penarronda, de aí seguiron até a de Arnao. Tras un momento de descanso, xogo e merenda continuaron o seu percorrido até o albergue de peregrinos de Ribadeo. A excursión enmárcase no proxecto Voz Natura do que forman parte desde hai uns anos.

ÚLTIMAS

Feira do Mel do Valadouro: a vocación e a resistencia fronte aos desafíos do sector

  O concello do Valadouro volve ser o epicentro da apicultura mariñá e galega coa...

O Goberno central comprométese coa pesca artesanal con medidas para facer atractivo o sector

A secretaria xeral de Pesca, Isabel Artime, participou este venres na xornada de traballo...

Evacuados doce viaxeiros do tren Ortigueira-Viveiro por un obstáculo na vía no Concello de Mañón

Unha docena de viaxeiros tiveron que ser evacuados este xoves á noite despois de...

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...