InicioOrientalCase 850.000 euros, a herdanza que o doutor Francisco Moreda lle deixa...

Case 850.000 euros, a herdanza que o doutor Francisco Moreda lle deixa a Ribadeo

O Concello presentou un preito xudicial contra o banco pola diferenza de valor entre o momento en que o Concello aceptou a herdanza e o momento en que o banco os puxo a disposición do Concello.

Publicada o

Todo o patrimonio legado polo doutor Francisco Moreda Pérez ao concello de Ribadeo é de case 850.000 euros. Uns cartos que serán destinados a un novo edificio onde instalar o Hospital Asilo de Ribadeo tal e como el quería.
Con todo, ese diñeiro non chega exa que o investimento a realizar nas obras de mellora nesas instalacións ascenderán a 1,5 millóns de euros. Con todo, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, agradeceu esta doazón na omisión informativa celebrada o luns pola noite para dar conta desta herdanza.
O rexedor anunciou que o Concello faralle un recoñecemento público a esta persoa que “quixo que os aforros e bens coseguidos na súa vida servisen para mellorar e facer un entorno mais agradable na vida doutros moitos veciños e veciñas que un día foron del, a través da mellora do Hospital-Asilo”.
A herdanza de Francisco Moreda inclúe un piso na rúa Reinante, taxado en 210.000 euros para o continente e 30.000 para o contido; e diñeiro e produtos financieiros, estimados a día de hoxe en 591.000 euros. Con todo, o Concello presentou un preito xudicial contra o banco pola diferenza de valor entre o momento en que o Concello aceptou a herdanza e o momento en que o banco os puxo a disposición do Concello.
Francisco Moreda tamén legou o seu coche, que foi entregado xa á congregación relixiosa que xestiona o Hospital Asilo.

ÚLTIMAS

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...

O sector pesqueiro reclama a Bruxela levantar o veto sobre o palangre “pedra-bola”

CEPESCA, Europêche e OPP Burela reclamaron este mércores no Parlamento Europeo unha modificación urxente...

PP de Lugo acusa ao Goberno de “esconder o seu incumprimento” coa autovía da Mariña

O senador do PP pola provincia de Lugo José Manuel Balseiro acusou ao Goberno...