IniciosociedadePor fin... Xa se pode cruzar ao Occidente asturiano

Por fin… Xa se pode cruzar ao Occidente asturiano

Fernando Suáres destaca a “ilusión” vivida tras os encontros entre xentes da Mariña e do occidente.

Publicada o

- Advertisement -

Por fin se abriron as fronteiras autonómicas tras meses pechadas. Un feito que este domingo provocou reencontros esperados a un e outro lado da ría. Neste sentido, o alcalde, Fernando Suárez, referiuse á ilusión do reencontro vivido “que só a covid puido cortar un tempo, pero que se cadra, agora e nos próximos tempos imos ir reforzando”.

Podemos falar con certa ilusión do reencontro que vivimos xa onte cos nosos amigos e amigas da Veiga, de Castropol, de Navia, de Taramundi, de Tapia, dos Oscos e en xeral de toda a comarca do Occidente asturiano. Cónstame tamén que unha chea de xente de Ribadeo e da Mariña aproveitamos para cruzar a ponte e achegarnos a onde había tempo que non íamos. Reanudamos así unha relación de sempre, que só o covid puido cortar un tempo, pero que si cadra, agora e nos próximos tempos imos ir reforzando”, dixo a través dun comunicado.

Fernando Suárez anunciou que “desde o Concello estamos a preparar accións importantes para seguir facendo de Ribadeo un lugar de parada obrigada” para que Ribadeo siga sendo un referente para unha amplísima zona da Mariña luguesa e do Occidente de Asturias.
En todo caso, o alcalde fixo unha chamada á responsabilidade, “mentres que non se nos vaia a cabeza, debemos manter e facer todo canto nos digan as autoridades sanitarias”.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...