IniciosociedadeBarreiros e Trabada continuarán semiconfinados: o Comité Clínico da Xunta non levanta...

Barreiros e Trabada continuarán semiconfinados: o Comité Clínico da Xunta non levanta as restricións

Seguen no nivel medio alto de restricións.

Publicada o

O comité clínico que asesora á Xunta na xestión da pandemia decidiu na súa reunión deste martes que os concellos da Pobra (A Coruña) e O Grove (Pontevedra) saian do nivel alto de restricións contra a covid-19, onde quedarán Vilanova de Arousa (Pontevedra), así como Cualedro e Carballeda (Ourense). A medida chega logo das queixas dos rexedores destes dous concellos que pedían saír desta situación.
Segundo sinala a Xunta nun comunicado, este grupo de expertos tamén determinou que pasen a nivel alto os municipios do Grove, A Pobra, Verea, A Merca, Salceda e Coristanco; nivel no que seguirán Petín, Muíños, Meira, Ribadumia, Marín, Meaño, Meis, Ponteareas, Ribeira e Cambre.
Lobeira e O Barco descenden deste nivel ao seguinte, o medio, ao que se incorporan Verín, Xinzo, O Porriño, Nigrán, Tui, Mesía, A Laracha, Betanzos, Carballo e Ares e no que continuarán Trabada, Barreiros, Cartelle, Lobios, Rianxo, Carral, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo, Cangas, Gondomar, Verín, Chantada, Carnota, Poio e a cidade de Vigo.
Pola contra reducen as súas restricións os concellos de Boiro, Catoira e A Illa.As medidas acordadas na reunión desta tarde entrarán en vigor ás 00:00 horas do próximo venres, 30 de abril.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...