IniciosociedadeA residencia San Rafael de Mondoñedo sumará 32 novas prazas para alcanzar...

A residencia San Rafael de Mondoñedo sumará 32 novas prazas para alcanzar as 47

A Xunta autoriza o aumento da capacidade do centro de maiores, que contará tamén con tres postos de enfermería

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia, a través da consellería de Política Social, autorizou a modificación necesaria para o aumento da capacidade residencial na residencia San Rafael de Mondoñedo. Así o anunciou o Concello a través dun comunicado de prensa. A ampliación supón un incremento de 32 prazas residenciais para acadar un máximo de 47, máis tres de enfermaría.

Segundo a mesma fonte, “este trámite xorde logo de que a Asociación Edad Dorada Mensajeros de La Paz Castilla La Mancha y Galicia presentase unha solicitude de autorización e modificación substancial do centro, consistente no acondicionamento dos espazos do inmoble pendentes de reforma dende a fase I”, concreta o Concello.

O centro da terceira idade atópase situado na rúa José María Pardo Montenegro e está destinado a persoas maiores dependentes. Dispón de dous edificios con planta semisoto, baixa primeira e segunda. A distribución é a seguinte: planta baixa (edificio moderno): dous dormitorios dobres; planta primeira (edificio moderno): sete dormitorios dobres; planta primeira (edificio vello): seis dormitorios dobres máis catro individuais; e planta segunda (edificio moderno): seis dormitorios dobres e un individual.

O centro conta, ademais, co servizo de enfermaría, que se atopa na planta baixa do edificio moderno e que dispón dun dormitorio dobre e outro de illamento.

Dende o goberno local agradecen á entidade xestora a súa aposta por Mondoñedo, pois “creamos un servizo moi necesario, a través do que prestaremos atención a aquelas persoas que teñen dificultades para vivir soas. Este é un colectivo que merece toda a consideración e protección. E non só dende o punto de vista meramente asistencial, senón coa activación de medidas tendentes a garantir unha vellez digna e activa, física e mentalmente”, conclúe o executivo municipal.

ÚLTIMAS

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...

Burela reforza recursos ante emerxencias cardíacas con novos desfibriladores

O Concello de Burela continúa reforzando os seus medios de resposta ante emerxencias cardíacas...