IniciosociedadeOs equipos de fútbol de Ribadeo estrearán esta ponte o novo Pepe...

Os equipos de fútbol de Ribadeo estrearán esta ponte o novo Pepe Barrera

O alcalde asegura que "ningún outro terreo de xogo do país" ten a calidade do estadio ribadense unha vez reformado

Publicada o

- Advertisement -

Durante esta ponte festiva terá lugar a posta de largo do remodelado campo de fútbol municipal Pepe Barrera. Debido á situación sanitaria que estamos a vivir non haberá acto de inauguración. O Ribadeo FC xogará mañá (contra o Foz) e o domingo (contra o Residencia) e algunhas categorías da SD Ribadeo farán o propio o sábado. Está permitido o acceso de público cumprindo con todas as normas sanitarias en vigor en cada momento: aforamento, toma de temperatura e de datos persoais ou uso de máscara. O alcalde ribadense, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, subliña que se trata “dun dos mellores campos de herba natural do país, tras a importante remodelación á que foi sometido”.

O rexedor ribadense dixo que “ben é certo que a pandemia foi cambiando moitas cousas, desgraciadamente algunhas moi positivas, outras que non teñen a fin de contas tanta importancia, pero que tamén eran simbólicas como pode ser o tema das inauguracións”.

CASE MEDIO MILLÓN DE EUROS

Suárez Barcia sinalou que “o campo de fútbol Pepe Barrera leva varios meses amañado, despois dunha operación profunda de rehabilitación e de arranxo con moito diñeiro público que se meteu alí, e de facto non foi inaugurado. Tampouco vai ser porque pensamos desde o goberno municipal que a mellor maneira para inauguralo é precisamente que nesta fin de semana poidan empezar a xogar as persoas, tanto do Ribadeo FC como da SD Ribadeo, rapaces xuvenís, cadetes ou o primeiro equipo, e poidan usar o que vai ser e o que é un dos mellores campos de herba natural do noso país. Desde logo ningún outro, a día de hoxe, ten a calidade do terreo“, afirmou.

A Deputación de Lugo achegou 140.000 euros para as obras, 235.000 euros o Concello e 46.000 euros a Xunta de Galicia.

O alcalde ribadense engadiu que “despois de que nos últimos dez anos desde o goberno municipal tivéramos que sufrir todo tipo de queixas e de críticas, sempre construtivas, de que era un pataqueiral, finalmente cun montón de apoio económico da Deputación, con escaso apoio económico da Xunta e cunha parte importantísima do Concello de Ribadeo, puidemos arranxar integralmente este campo de fútbol Pepe Barrera”.

ÚLTIMAS

Cristina Lagares, libraría Bahía: “Quero continuar co modelo de traballo da libraría porque sempre funcionou ben”

Cristina Lagares, -Por que te decidiches a embarcarte nesta aventura da Libraría Bahía? Antes disto...

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...