IniciosociedadeRestrinxen o acceso ao Fuciño do Porco tras desprendementos pero os visitantes...

Restrinxen o acceso ao Fuciño do Porco tras desprendementos pero os visitantes fan caso omiso

O Concello advertiu o pasado 8 de marzo de que se están a acometer obras neste recurso turístico, un dos máis concorridos da Mariña Lucense

Publicada o

- Advertisement -

O Concello do Vicedo lembrou este martes que está restrixindo temporalmente o acceso ao Fuciño do Porco, tamén coñecido como Punta Socastro, logo de que se producisen desprendementos de terras nunha das zonas desta formación rochosa, un dos recursos turísticos máis concorridos da Mariña Lucense.

O goberno local indicou o pasado 8 de marzo a través das redes sociais que desde ese día quedaba prohibido o acceso por mor de obras de reparación, que están a acometer tanto a Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao como o propio Concello.

Con todo, o executivo municipal alertou da presenza de visitantes, que se están a saltar a prohibición. Nunha páxina non oficial do Fuciño do Porco en Facebook pódese comprobar como continúan as visitas, testemuñadas polos propios visitantes nas redes sociais.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...