IniciosociedadeA residencia de Cervo abrirá en xullo

A residencia de Cervo abrirá en xullo

O prazo de preinscrición é do 14 ao 29 de xuño, con preferencia para os censados en Cervo

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo aprobou no pleno o regulamento de rexime interno do centro de día e residencia. Trátase do derradeiro paso para a posta en funcionamento do servizo, que o goberno local prevé “para o mes de xullo”, segundo asegura o alcalde, Alfonso Villares.

Manutención e dietas, limpeza e mantemento, servizo de transporte, documentación precisa para presentar ao ingresar, normas de convivencia e dereitos e obrigas dos usuarios son algúns dos aspectos que aborda a normativa aprobada no pleno, co voto a favor dos sete edís do Partido Popular (PP) e a abstención dos tres concelleiros do PSdeG-PSOE e do representante do BNG.

o concello aprobou o regulamento do servizo coa abstención de psoe e bng

O proceso de adxudicación rematou no pasado mes de abril. A Asociación Edad Dorada Mensajeros de la Paz Castilla-La Mancha y Galicia obtivo a maior puntuación das propostas presentadas, e gozará da concesión por un período de dous anos. “Isto parécenos relevante. Tentamos acadar o prazo máis curto posible e así o seguinte goberno, que saia das vindeiras eleccións municipais, poderá avaliar a xestión e decidir se a renova ou non”, asegura o rexedor.

A empresa concesionaria sobresaíu nun proceso que examinou cun 60 por cento a puntuación final o aspecto económico, e nun 40 outra serie de criterios, como o programa de traballo, o proxecto de explotación ou a metodoloxía de intervención.

INFORMACIÓN AOS VECIÑOS

O goberno local procederá agora a repartir entre os domicilios do municipio unha serie de folletos informativos, para que as persoas maiores en situación de dependencia e as familias interesadas podan realizar a súa preinscrición no rexistro do concello. O prazo para facelo comezará o 14 de xuño e rematará o 29 dese mes. Neste concurso terán preferencia os veciños censados en Cervo.

DO 11 AO 13 DE XUÑO HABERÁ XORNADAS DE PORTAS ABERTAS PARA COÑECER O CENTRO

Uns días antes da apertura do prazo de preinscrición, haberá –do 11 ao 13 de xuño– unhas xornadas de portas abertas para que os potenciais usuarios e as familias coñezan as instalacións.

RESIDENCIA E CENTRO DE DÍA

O centro dispón de 54 prazas de residencia e 25 de centro día. Conta con cociña integrada, lavandería, sala de rehabilitación, enfermería, baños individuais adaptados ou bañeiras xeriátricas. Ofrece os seguintes servizos: rehabilitación funcional, terapia ocupacional, estimulación cognitiva, atención médica, enfermería e atención sociosanitaria preventiva.

O Concello agarda que a residencia axude a “dinamizar economicamente o Concello” e tamén a xerar emprego, posto que necesitará “de entre 20 e 25 postos de traballo, aproximadamente”, sostén Villares. 

ÚLTIMAS

As Festas do Carme en Porcillán contarán coa colaboración do Concello de Ribadeo

Do 19 ao 21 de xullo celébranse en Porcillán as festas do Carme, que...

Viveiro presenta unha APP que permite ver en 3D as antigas portas da vila

O Concello de Viveiro presentou esta mañá a súa nova APP, que permite experiencias...

X Edición da 1/2 km Vertical Monte Comado en Barreiros

O vindeiro domingo, 21 de xullo, Barreiros acollerá a décima edición da carreira popular...

As xornadas de Historia da Pomba do Arco en Foz abordarán desde a romanización até o nazismo

A casa da cultura Poeta Manuel María de Foz acolle entre 29 de xullo...