IniciosociedadeSignificativa baixada dos positivos en Viveiro, que pasa de 75 a 52

Significativa baixada dos positivos en Viveiro, que pasa de 75 a 52

O Hospital da Mariña atende once pacientes con Covid-19, tres en coidados intensivos

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 1.641, 80 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este mércores polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse 48 positivos novos por PCR.

Dos 1.641 contaxiados, 94 permanecen ingresados (28 en coidados intensivos). O Hospital da Mariña atende once pacientes con Covid-19, tres na Uci; o HULA coida de 62, 25 na unidade de críticos; o centro hospitalario de Monforte ten 21 positivos.

No histórico da provincia documéntanse 184 defuncións, 9.190 altas e 11.021 contaxios acumulados. Fixéronse 170.988 PCR, o que implica que desde a anterior actualización de datos efectuáronse 1.248 probas.

No que atinxe á situación epidemiolóxica por municipios, Viveiro baixa dos 75 positivos nos últimos 14 días comunicados onte aos 52 deste mércores (-25). En Xove non hai variacións, con once contaxios detectados nese mesmo período. En Burela localizáronse 26 casos novos nas últimas dúas semanas, por dez en Foz e 16 en Ribadeo. O resto dos municipios da Mariña están por debaixo da decena de infeccións, sendo Riotorto o único libre de Covid-19.

RESIDENCIAS

MAIORES

2 Residencia da Pastoriza e apartamentos

1 Residencia O Incio

1 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

33 Residencia Nosa Señora do Carme (Sarria)

2 Residencia San Bartolomeu de Xove

TRABALLADORES

5 Residencia da Pastoriza

3 As Gándaras (Lugo)

6 Residencia Nosa Señora do Carme de Sarria

1 Residencia Domusvi Viveiro

9 Residencia San Bartolomeu (Xove)

CENTROS EDUCATIVOS

CENTRO (POSITIVOS/AULAS PECHADAS/CENTROS PECHADOS)

VIVEIRO E.I Municipal Viveiro 3 0 1

BURELA IES Perdouro 1 0 0

CERVO CEIP de Cervo 1 0 0
CERVO IES Marqués de Sargadelos 1 0 0

FOZ CEIP Fondo Nois 1 0 0
FOZ CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Pilar 1 0 0

LOURENZÁ CEIP Juan Rey 1 0 0

MONDOÑEDO CEIP Álvaro Cunqueiro Mora 1 0 0

O VALADOURO CEIP Plurilingüe Santa María do Valadouro 1 0 0

RIBADEO CEIP Gregorio Sanz 1 0 0
RIBADEO CIFP Porta da Auga 1 0 0
RIBADEO CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús 1 0 0

VIVEIRO CEIP de Celeiro 1 0 0
VIVEIRO CEIP Plurilingüe de Covas 1 0 0
VIVEIRO CEP Luís Tobío 1 0 0
VIVEIRO IES María Sarmiento 4 0 0
VIVEIRO IES Vilar Ponte 2 0 0

XOVE CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán 3 0 0
XOVE IES Illa de Sarón 2 0 0

ÚLTIMAS

As escolas deportivas de Ribadeo abren o prazo de inscrición o vindeiro luns

As Escolas Deportivas de Verán, que organiza o Concello de Ribadeo, ofrecen as especialidades...

Xornada sobre a velutina no Concello de Barreiros

As Escolas Vellas de San Miguel de Reinante acolleron esta mañá a xornada técnica...

‘Hablando de Pájaros’ presentará actividades de ecoturismo aos asociados a ACISA Ribadeo

O próximo 27 de maio a empresa Falando de Paxaros presentará as súas actividades...

O xuíz do ‘caso Alcoa’ alonga seis meses máis a investigación sobre a venda das plantas da Coruña e Avilés

O xuíz da Audiencia Nacional que investiga a querela que presentou en 2020 a Confederación...