IniciosociedadeO PSdeG reclama á Xunta que "repoña" o servizo de Cardioloxía na...

O PSdeG reclama á Xunta que “repoña” o servizo de Cardioloxía na Mariña, cos tres profesionais

Os socialistas preguntarán no Parlamento ao Goberno autonómico se cre que a atención está "garantida" cun só especialista, despois de que non se cubriran unha baixa e unha excedencia

Publicada o

- Advertisement -

O PSdeG-PSOE reclama no Parlamento á Xunta de Galicia a que de xeito “urxente” “repoña o servizo” de cardioloxía do Hospital da Mariña, “polo menos ao seu nivel previo a setembro de 2020. Así o anunciou hoxe a secretaria provincial dos socialistas e deputada autonómica, Patricia Otero, quen avanzou que rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias sobre as “carencias” deste servizo na comarca.

Otero tamén quere coñecer a opinión da Consellería de Sanidade sobre “se considera que a atención no servicio de cardioloxía do Hospital da Mariña se atopa garantida nestas condicións, cun só cardiólogo” dos tres cos que se contaba en setembro.

A deputada socialista sinala que o Hospital da Mariña, sito en Burela, é o centro hospitalario de referencia da zona norte da provincia de Lugo e atende a unha poboación de máis de 70.000 habitantes, que se incrementa de xeito expoñencial nas vacacións. Advirte de que hai tres prazas de cardioloxía, “sen embargo a día de hoxe o Hospital só conta cun único cardiólogo que só atende as urxencias, tal e como veñen de denunciar pacientes e a Plataforma Sanitaria da Mariña”.

SÓ SE ATENDEN “URXENCIAS”

Explica ademais que en Setembro de 2020 un dos cardiólogos do Hospital da Mariña solicitou unha excedencia, sen que a día de hoxe o Sergas cubrira esta vacante. A finais do ano 2020 “afirmaba que a atención na área de cardioloxía se atopaba garantida polo feito de que quedaban dous cardiólogos no Hospital”, sinala Otero.

Tal e como puidemos coñecer, “dende hai 15 días, debido a una incapacide temporal, tamén falta a segunda cardióloga que forma parte deste servizo, quedando un único especialista que só atende urxencias”.

Otero denuncia que “a non cobertura destas prazas é unha mostra máis da degradación constante e do desmantelamento da sanidade pública na comarca da Mariña por parte da Xunta de Galicia”.

XUNTANZA COA PLATAFORMA

A dirixente socialista quere coñecer se “a Consellería de Sanidade cre que a atención no servicio de cardioloxía do Hospital da Mariña se atopa garantida nestas condicións”. Tamén  “que medidas vai tomar para garantir que os enfermos con patoloxías cardíacas reciban a asistencia” e “cando pensa cubrir as tres prazas de cardiólogos que existen no Hospital da Mariña”.

Otero sinalou tamén que estas iniciativas serán presentadas diante da Plataforma Sanitaria da Mariña, coa que manterá unha xuntanza de traballo nas vindeiras datas para analizar este asunto, así como outros aspectos relacionados coa situación sanitaria da comarca da Mariña.

ÚLTIMAS

José Quelle, O Vicedo: “Queremos manter unha data consolidada cada ano para o Trail”

-Como vai discorrer este IV Trial do Vicedo? Son tres probas. Hai dúas carreiras, unha...

As escolas deportivas de Ribadeo abren o prazo de inscrición o vindeiro luns

As Escolas Deportivas de Verán, que organiza o Concello de Ribadeo, ofrecen as especialidades...

Xornada sobre a velutina no Concello de Barreiros

As Escolas Vellas de San Miguel de Reinante acolleron esta mañá a xornada técnica...

‘Hablando de Pájaros’ presentará actividades de ecoturismo aos asociados a ACISA Ribadeo

O próximo 27 de maio a empresa Falando de Paxaros presentará as súas actividades...