IniciosociedadeO Hospital da Mariña cumpre cinco meses con dous cardiólogos ao non...

O Hospital da Mariña cumpre cinco meses con dous cardiólogos ao non substituírse o terceiro especialista

A Xunta admite que desde setembro "falta cubrir a terceira praza", situación que atribúe a que "non se atopou un profesional"

Publicada o

- Advertisement -

O Hospital Público da Mariña continúa cun servizo de Cardioloxía minguado, con dous cardiólogos en lugar dos tres especialistas que mantiña ata o verán, cando un dos facultativos solicitou unha excedencia.

Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña denunciou no pasado mes de novembro que o centro hospitalario de Burela levaba desde setembro sen un dos tres médicos habituais da especialidade, instando ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) a acadar “a dotación necesaria de profesionais” a fin de acabar con “agardas inasumibles e vergoñentas para a realización de probas diagnósticasconsultas de revisión imprescindibles e primeiras citas para diagnosticar, que multiplicarán as que xa había ata agora”.

O Sergas falaba daquela dunha situación temporal, aínda que non fixaba data para restituír a dotación completa do servizo. A previsión, aseguraban fontes da Xunta, era que o servizo se restablecese como anteriormente, o que complicaba “a unha grande dificultade para atopar especialistas substitutos”.

As mesmas fontes recoñecen dous meses despois que “falta cubrir unha terceira praza para a que polo de agora non se atopou un profesional. O servizo conta con dous cardiólogos e cóntase co apoio dos do HULA cando é necesario”, expón o Sergas, que segue sen comprometer unha data para a recuperación o persoal ao completo.

REUMATOLOXÍA, AGORA SI A TEMPO COMPLETO

No tocante a reumatoloxía, servizo que a finais do ano pasado funcionaba un só día á semana ao trasladarse a especialista ao HULA, segundo denunciou tamén a plataforma sanitaria, a especialidade “está xa cuberta a tempo completo” no Hospital da Mariña, concreta o Sergas.

ÚLTIMAS

José Quelle, O Vicedo: “Queremos manter unha data consolidada cada ano para o Trail”

-Como vai discorrer este IV Trial do Vicedo? Son tres probas. Hai dúas carreiras, unha...

As escolas deportivas de Ribadeo abren o prazo de inscrición o vindeiro luns

As Escolas Deportivas de Verán, que organiza o Concello de Ribadeo, ofrecen as especialidades...

Xornada sobre a velutina no Concello de Barreiros

As Escolas Vellas de San Miguel de Reinante acolleron esta mañá a xornada técnica...

‘Hablando de Pájaros’ presentará actividades de ecoturismo aos asociados a ACISA Ribadeo

O próximo 27 de maio a empresa Falando de Paxaros presentará as súas actividades...