IniciosociedadeContinúa a melloría en Viveiro, con 113 casos en 14 días, e...

Continúa a melloría en Viveiro, con 113 casos en 14 días, e en Xove, que baixa dos 30

Non hai variacións no Vicedo, que conta 31 positivos nas últimas dúas semanas; Cervo ten 13 (dous menos); Burela 40 (-3); Foz 10 (-1); Ribadeo 26 (sen cambios) e Riotorto once (igual)

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 2.093, 42 ca onte, segundo o reconto ofrecido este mércores polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Desde a anterior actualización documentáronse 80 positivos novos por PCR.

Dos 2.093 contaxiados, 95 permanecen ingresados (tres máis). O Hospital da Mariña ten nove pacientes con Covid-19, dous deles en coidados intensivos, por 68 o HULA -entre eles 23 na Uci-, e 17 o centro hospitalario de Monforte. No histórico da provincia documéntanse 174 defuncións, 8.219 altas e 10.492 contaxios acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 162.145 PCR, o que implica que desde a anterior actualización efectuáronse 1.327 probas.

SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA POR MUNICIPIOS

No tocante á situación epidemiolóxica por municipios, en Viveiro documéntanse 113 positivos nos últimos 14 días (dez menos que os comunicados onte). En Xove tamén melloran os datos, con 28 contaxios detectados nese mesmo prazo, catro menos.

Non hai variacións no Vicedo, que conta 31 positivos nas últimas dúas semanas; Cervo ten 13 (dous menos); Burela 40 (-3); Foz 10 (-1); Ribadeo 26 (sen cambios) e Riotorto once (igual). Nos restantes concellos da Mariña localízanse entre un e nove casos nas últimas dúas semanas.

RESIDENCIAS

MAIORES

5 Residencia da Pastoriza e apartamentos

1 Residencia DomusVi Monforte

2 Residencia O Incio

3 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

73 Residencia Nosa Señora do Carme (Sarria)

2 Residencia San Bartolomeu de Xove

TRABALLADORES

11 Residencia da Pastoriza

1 Residencia de Maiores Burela

3 Domusvi Chantada

3 As Gándaras (Lugo)

1 Domusvi Monforte

1 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

6 Residencia Nosa Señora do Carme de Sarria

2 Residencia Domusvi Viveiro

11 Residencia San Bartolomeu (Xove)

ÚLTIMAS

José Quelle, O Vicedo: “Queremos manter unha data consolidada cada ano para o Trail”

-Como vai discorrer este IV Trial do Vicedo? Son tres probas. Hai dúas carreiras, unha...

As escolas deportivas de Ribadeo abren o prazo de inscrición o vindeiro luns

As Escolas Deportivas de Verán, que organiza o Concello de Ribadeo, ofrecen as especialidades...

Xornada sobre a velutina no Concello de Barreiros

As Escolas Vellas de San Miguel de Reinante acolleron esta mañá a xornada técnica...

‘Hablando de Pájaros’ presentará actividades de ecoturismo aos asociados a ACISA Ribadeo

O próximo 27 de maio a empresa Falando de Paxaros presentará as súas actividades...