IniciosociedadeO BNG levará ao Congreso o atraso na consecución da residencia de...

O BNG levará ao Congreso o atraso na consecución da residencia de Aspanane

Rego preguntará "que xestións se realizaron" para a cesión do antigo colexio de Celeiro, que se pretende rehabilitar para acoller a escola de idiomas e deixar espazo ao servizo residencial

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Viveiro levará o traslado da Escola Oficial de Idiomas (EOI), a fin de acadar a residencia de Aspanane, ao Congreso a través do deputado nacionalista, Néstor Rego, que formulará unha pregunta ao respecto.

En marzo de 2019 anunciouse o proxecto, froito dun acordo a tres bandas entre Concello, Deputación de Lugo e Xunta de Galicia. O convenio, por 525.000 euros, implicaba a rehabilitación do colexio antigo de Celeiro, onde se ubicaría o centro educativo de idiomas. As dependencias que a EOI dexiaría libres serían aproveitadas pola asociación de persoas con discapacidade intelectual para novos usos sociais, en concreto, para a creación dunha residencia, a única destas características en toda a comarca.

Por tanto, lembra o BNG, “para levar a cabo o citado proxecto é imprescindíbel que a Tesourería Xeral da Seguridade Social do Estado, actual propietaria, ceda o inmóbel para o seu uso polo Concello de Viveiro. Tras iniciar os trámites neste sentido, a Tesourería declarou que a cesión se realizará en favor da Xunta de Galicia a través dun Convenio e que esta, á súa vez, cederao para o fin descrito ao Concello”, concreta a formación nacionalista.

INSTALACIÓNS “INSUFICIENTES”

“A día de hoxe descoñécese o estado actual destes trámites, pero a execución da cesión ten máis urxencia que nunca na actual situación de pandemia, que están a padecer de forma especialmente intensa os colectivos máis vulnerábeis, como son as persoas con discapacidade intelectual. Aspanane tivo que manter as portas dos seus centros fechadas desde o mes de marzo e até setembro, pero incluso unha vez levantadas as restricións do primeiro estado de alarma, non puideron funcionar ao cento por cento de ocupación. A experiencia destes meses puxo de manifesto que as súas actuais instalacións son insuficientes e iso repercute negativamente sobre a atención ás persoas usuarias”, argumenta o Bloque.

A formación frontista considera “urxente” pór en marcha a residencia, polo que é “imprescindíbel acelerar a cesión da inmóbel propiedade do Estado”. Así, Rego preguntará se se iniciaron “as xestións necesarias” para alcanzar este proxecto, “en que fase se atopan” e “en que data se calcula que poida facerse efectivo”.

“En caso de non iniciarse, recibiuse comunicación por parte do Concello de Viveiro ou da Xunta de Galiza solicitando a citada cesión? Estaría o Goberno do Estado en disposición de facela efectiva?”, son as outras preguntas do BNG.

ÚLTIMAS

Os sanitarios do Hospital da Costa realizarán accións até seren atendidas as súas demandas

A Xunta de Persoal do Hospital da Costa convocou unha xuntanza este martes para...

Sargadelos ten de prazo ata despois do verán para mellorar a seguridade laboral

A dirección de Sargadelos ten ata despois do verán para mellorar a seguridade na...

A concelleira de Facenda de Foz denuncia a “demagoxia” do PP coas facturas

A concelleira de Facenda e voceira do goberno municipal de Foz, Inés López Couto,...

Piden catro anos de prisión por presunta estafa a un home “en situación de vulnerabilidade”

Unha muller de orixe portuguesa enfróntase a catro anos de prisión por, presuntamente, estafar...