IniciosociedadeOs veciños advirten do perigo dos desprendementos de pedras na contorna da...

Os veciños advirten do perigo dos desprendementos de pedras na contorna da canteira de Piveri

Afectados pola louseira de Mondoñedo piden medidas de protección para evitar "danos irreparables"

Publicada o

- Advertisement -

A veciñanza afectada pola louseira de Piveri S. L. en Beira do Río, en Mondoñedo, advirten do perigo de derrubamentos na contorna da canteira, sen actividade desde mediados de xullo.

As choivas dos últimos días provocaron desprendementos de pedras e terra nun camiño de uso público que comunica as casas coas fincas.

“As autoridades pechan os ollos aínda que saben ben que aqui teñen un perigo público”, denunciou Manuel Baña, presidente da Asociación de Afectados polas Louseiras do Río Baos.

“Calquera choiva provoca desprendementos”, denuncian os veciños

“Xa presenciaron derrubes en xullo cando pecharon a fronte de explotacion da canteira de Piveri, pero os taludes seguen aí á beira dos camiños e calquera choiva provoca desprendementos que poden causar danos irreparables”, engadiu.

As veciñas e veciños reclaman que se adopten medidas de protección para evitar máis derrubamentos e se reparen os camiños afectados pola actividade da canteira.

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL

O grupo mindoniense de En Marea acusou ao goberno municipal de estar incumprindo os compromisos adquiridos nunha declaración institucional do pasado 30 de xullo, respaldada por todos os grupos con representación no pleno.

O voceiro da formación, Manuel Germade, lembrou que o documento admitía a necesidade de “axilizar os expedientes iniciados para a reparación dos camiños públicos.

ÚLTIMAS

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

Correos activa o servizo de transporte de mochilas no Camiño norte no seu paso por Ribadeo

Os peregrinos que realicen o Camiño de Santiago este ano xa teñen dispoñible o...

Ribadeo anuncia melloras na accesibilidade para a Rúa Virxe do Camiño

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando a zona da Virxe do Camiño....

Barreiros inaugura a exposición “Fauna Esencial”

Esta mañá ás 11:30 horas tivo lugar a inauguración da Exposición “Fauna Esencial” da...