IniciosociedadeLevantada a prohibición de cultivar pataca en Lourenzá, A Pontenova, Riotorto, Ribadeo...

Levantada a prohibición de cultivar pataca en Lourenzá, A Pontenova, Riotorto, Ribadeo e O Valadouro

Os agricultores terán ata o 1 de abril para formalizar as súas declaracións de sementeira; en Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Mondoñedo, Trabada, O Vicedo, Viveiro e Xove segue o veto

Publicada o

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural pola que se levanta a prohibición de plantar pataca nove concellos das provincias da Coruña e Lugo que deixan de estar afectados pola couza guatemalteca. Ao non teren rexistrado ningunha captura nos dous últimos anos, deixarán de ser consideradas zonas infestadas e pasarán a englobarse na demarcada como zona tampón. Os municipios afectados pola normativa son Cariño, Ortigueira e Neda, así como os municipios lucenses de Lourenzá, A Pastoriza, A Pontenova, Riotorto, Ribadeo e O Valadouro.

Trala publicación de hoxe no DOG, nestas localidades permitirase plantar pataca pero farase un seguimento exhaustivo dos cultivos por parte da Consellería do Medio Rural, que manterá as demais medidas de control e vixilancia previstas na lexislación co obxectivo último de controlar a expansión da couza guatemalteca. Nese senso, establécese a data do 1 de abril como o prazo máximo para presentar as declaracións de sementeira en todas as zonas tampón.

NOVAS ZONAS NA CORUÑA DECLARADAS INFESTADAS

A maiores, a resolución do Diario Oficial de Galicia declara como zonas infestadas pola couza e, polo tanto, que pasan a ter prohibida a plantación de pataca, as parroquias de Sorrizo e Chamín, no concello coruñés de Arteixo. Deste xeito, os agricultores afectados deberán presentar -nun prazo de vinte días hábiles a contar dende hoxe, día da publicación no DOG- unha declaración das existencias de pataca almacenada para que os servizos oficiais procedan á súa retirada e destrución. Tras a eliminación deste tubérculo, deberán proceder a desinsectar o solo, as paredes e o teito da zona de almacenamento.

Como resultado da ampliación da zona infestada pola couza guatemalteca ás parroquias arteixás de Sorrizo e Chamín, pasan ademais a considerarse zonas tampón as parroquias lindeiras de Barrañán e Armentón, no mesmo concello coruñés, coa conseguinte adopción das medidas pertinentes. Por último, a resolución especifica todas as parroquias e municipios das provincias da Coruña e Lugo que seguen incluídos tanto na zona infestada como na zona tampón, así como as medidas que deben seguir tomando.

Na provincia de Lugo considérase como zona infestada a totalidade da superficie dos concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Mondoñedo, Trabada, O Vicedo, Viveiro e Xove, municipios onde por agora non se poderá seguir plantando pataca.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...