IniciosociedadeViveiro acumula 111 casos novos en 14 días, por 103 de Xove;...

Viveiro acumula 111 casos novos en 14 días, por 103 de Xove; o Hospital da Mariña atende once positivos

Nas residencias da comarca localízanse 63 persoas contaxiadas, por 29 nos centros educativos

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo ascende a 699, 73 máis ca na anterior actualización. Nas últimas 24 horas confirmáronse 87 positivos novos por PCR, segundo o reconto ofrecido este sábado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Dos 699 contaxiados, 18 permanecen ingresados. O Hospital Público da Mariña atende once pacientes con Covid-19, por cinco o HULA e dous o centro hospitalario de Monforte. Non hai doentes positivos nas unidades de coidados intensivos lucenses.

No histórico da provincia documéntanse 147 falecementos, 6.750 altas e 7.598 casos acumulados. Fixéronse 131.831 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse un total de 791 probas.

No tocante á situación epidemiolóxica por municipios, Viveiro acumula 111 positivos novos nos últimos 14 días (doce máis ca na anterior actualización), por 103 de Xove (dous máis). Estes dous concellos permanecen pechados perimetralmente pola Xunta de Galicia, aínda que con distintas restricións, de maior intensidade no termo municipal viveirense.

En Viveiro, o vindeiro domingo realizarase un cribado masivo a traballadores do sector servizos para buscar contaxiados entre as persoas asintomáticas.

En Burela tamén aumentan os contaxios confirmados nas últimas dúas semanas: son 41, tres máis ca na anterior actualización. Ribadeo (23) e Cervo (14) son os outros municipios da Mariña por riba das dez infeccións localizadas nese mesmo prazo. Lourenzá e Barreiros son os únicos concellos da comarca libres de Covid-19.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias, o Sergas comunicou este sábado catro novos positivos de maiores, ademais de dúas altas de residentes, no xeriátrico San Bartolomeu de Xove, onde onte faleceu unha usuaria. Estes son os casos confirmados:

MAIORES

1 Residencia de Maiores de Burela
18 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)
1 Apartamentos Tutelados San Bartolomeu de Xove
25 Residencia San Bartolomeu de Xove
TRABALLADORES
1 Residencia de Burela
1 Residencia de Foz
1 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)
1 Residencia de Trabada (a Deputación confirmou que se trata dun falso positivo, cunha segunda PCR realizada negativa)
2 Residencia Domusvi Viveiro
12 Residencia San Bartolomeu (Xove)

29 CASOS NOS CENTROS EDUCATIVOS

CENTRO (POSITIVOS/AULAS PECHADAS/CENTROS PECHADOS)

BURELA E.I Burela 2 2 0

VIVEIRO E.I Municipal Garabatos 1 1 0

BURELA CEIP Plurilingüe Vista Alegre 2 0 0
BURELA IES Monte Castelo 1 0 0
BURELA IES Perdouro 1 0 0

CERVO IES Marqués de Sargadelos 1 0 0

FOZ IES de Foz 3 0 0

O VICEDO CEIP do Vicedo 1 0 0

VIVEIRO CEIP Plurilingüe de Covas 3 0 0
VIVEIRO CPR Plurilingüe Landro 1 0 0
VIVEIRO IES María Sarmiento 3 0 0
VIVEIRO IES Vilar Ponte 6 0 0

XOVE CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán 4 0 0

ÚLTIMAS

As queixas pola comida na residencia da Pontenova motivo de reunión do BNG cos usuarios

Ante as queixas xurdidas novamente na vivenda comunitaria de A Pontenova polo servizo de...

ACIAFoz sorteará unha cesta entre os clientes máis cafeteiros de 10 locais focegos

AciaFozCCA sorteará unha cesta entre os clientes máis cafeteiros de 10 locais hostaleiros. Esta...

A Garda Civil investiga a tres persoas por deliti de ameazas e inxurias

A Garda Civil investiga na localidade lucense da Pontenova os tres presuntos autores de...

Burela dá por rematadas as obras de mellora no abastecemento da rúa Lamestra

O Concello de Burela informa do remate das obras de ampliación e mellora da...