IniciosociedadeViveiro, con 14 casos máis, e Xove rondan os 80 positivos novos...

Viveiro, con 14 casos máis, e Xove rondan os 80 positivos novos nas últimas dúas semanas

Outros catro concellos da Mariña superan os dez contaxios en 14 días: Ribadeo (29), Burela (28), Cervo (11) e Foz (10)

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo aumenta a 531 (24 máis ca na anterior actualización), segundo o reconto ofrecido este martes polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse un total de 46 positivos novos por PCR.

Dos 531 contaxiados, 17 permanecen ingresados (sen variacións). O Hospital da Mariña atende nove pacientes con Covid-19, por cinco o HULA e tres o centro hospitalario de Monforte. Non hai, segundo o reconto, doentes na área sanitaria lucense que requiran de coidados intensivos.

NOVE POSITIVOS INGRESADOS NO HOSPITAL DA MARIÑA

No histórico da provincia documéntanse 146 falecementos, o último o dunha residente do xeriátrico de Xove, 6.649 altas e 7.328 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 128.312 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse 987 probas.

No tocante á situación epidemiolóxica por municipio, Viveiro acumula 78 positivos novos nas últimas dúas semanas; son 14 máis dos comunicados onte. Xove, pola súa banda, alcanza os 79 contaxios detectados en 14 días, tres máis ca na anterior actualización. Estes dous municipios permanecen pechados perimetralmente pola Xunta de Galicia.
Outros catro concellos da Mariña superan as dez infeccións localizadas nese mesmo prazo: son Ribadeo (29, +1), Burela (28, +3), Cervo (11) e Foz (10). Barreiros e Lourenzá son os únicos municipios da comarca libres de Covid-19; os restantes teñen entre un e nove casos en 14 días.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...