O seis casos de Covid-19 en estudo na Mariña lucense son “compatibles” coa cepa británica, segundo fontes sanitarias.
Polo momento, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) só confirmou un caso desta cepa nunha paciente da área sanitaria de Santiago procedente do Reino Unido. Así o indicou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que ratificou que hai outro caso en estudo, ao que se suman os seis detectados na zona da Mariña lucense.
En relación a este último, precisou que se trata dun grupo familiar de cinco persoas de orixe inglesa, ademais dunha sexta persoa que é un contacto estreito. Tras realizarlles unha PCR, e dar positivo, estase á espera agora dun diagnóstico definitivo.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.