IniciosociedadeOito novos positivos de maiores no Hospital Asilo de Ribadeo

Oito novos positivos de maiores no Hospital Asilo de Ribadeo

Ao igual que os outros cinco usuarios diagnosticados, os residentes foron trasladados ao xeriátrico medicalizado de Santiago; unha relixiosa infectada permanece illada

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus localizados no Hospital Asilo de Ribadeo aumentou a 14 trala confirmación de oito novos positivos por Covid-19. Trece usuarios resultaron contaxiados e foron trasladados á residencia medicalizada da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela, mentres que unha relixiosa infectada permanece illada.

Así o expuxo o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, que explicou que o pasado sábado as autoridades sanitarias fixeron un cribado xeral, que deu como resultado os mencionados casos. Todo o persoal deu negativo, así como os 24 usuarios restantes.

O rexedor indicou que co traslado dos maiores diagnosticados -todos con síntomas “leves”– a Santiago, cúmprese “o dobre obxectivo de que os afectados están nas mellores condicións e diminúese así tamén o risco de transmisión vírica”. O gromo produciuse, engadiu, ao ser os novos infectados compañeiros de habitación de persoas previamente contaxiadas. De cara a mediados da semana farase un novo cribado de PCR, cando se prevé “o pico de madurez” do abrocho.

ÚLTIMAS

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...

Burela reforza recursos ante emerxencias cardíacas con novos desfibriladores

O Concello de Burela continúa reforzando os seus medios de resposta ante emerxencias cardíacas...