IniciosociedadeO Concello pide "calma" e "prudencia" tras pasar Viveiro de oito a...

O Concello pide “calma” e “prudencia” tras pasar Viveiro de oito a 27 positivos en cinco días

Tras localizarse un caso na gardería municipal, fixéronse "decenas de PCR" e os contaxios incrementáronse "notablemente de luns a martes", estabilizándose a situación nos últimos días

Publicada o

O Concello de Viveiro informa de que, segundo os datos facilitados pola xerencia de Sanidade ás 18.00 horas, hai 27 casos activos no municipio, despois de que se multiplicasen nas últimas semanas: o pasado luns tiña oito.
Trátase, segundo expuxo o goberno local nun comunicado de prensa, dun “pequeno gromo -hai tamén algún caso de positivos illados- que se detectou despois de que o pasado domingo se confirmase o contaxio dunha nena, alumna da gardería municipal. A partir de aí, realizáronse as probas ás profesoras e nenos que comparten aula coa nena, dando todos eles negativo; por prevención, tamén se realizaron PCR a todos os demais alumnos do centro, que están dando tamén negativo”, explicou o Concello.
“Por outra banda e dende o primeiro momento, iniciouse un rastreo entre familiares e contactos estreitos, en coordinación entre Sanidade e o Concello de Viveiro, para intentar controlar o gromo o antes posible e evitar a súa propagación”, afirma o goberno municipal, concretando que “estanse a facer decenas de PCR e o número de positivos incrementouse de forma notable de luns a martes. Parece que agora se está estabilizando, polo que hai que tentar manter a calma e agardar aos resultados das probas realizadas nestes últimos días”, precisa.

POSITIVO DO TENENTE DE ALCALDE

“Ademais, un membro da corporación local, en concreto o tenente de alcalde, deu positivo, polo que o resto do grupo de goberno e os traballadores do Concello están cumprindo os protocolos establecidos e se están facendo probas ás persoas que estiveron en contacto con él”, expón o goberno viveirense.
“Dende o Concello de Viveiro quérese transmitir unha mensaxe de tranquilidade para non alertar á veciñanza, incidindo, non obstante, na necesidade de cumprir todas as medidas establecidas e non baixar a garda, extremando a prudencia en beneficio da saúde pública”, finaliza.

ÚLTIMAS

O Foro Económico de Viveiro trasládase a xaneiro de 2027 pola convocatoria das eleccións xerais

A celebración do Foro Económico de Viveiro, que estaba programada inicialmente para finais deste...

As ANPA trasladan as necesidades dos centros educativos ao Concello de Viveiro

O Concello de Viveiro mantivo este luns unha reunión con representantes das asociacións de...

Apoio á folga do 11N desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña anunciou o seu apoio á...

O BNG da Mariña chama a participar na manifestación do 11N en Burela

O Consello Comarcal do BNG na Mariña fai un chamamento á cidadanía para sumarse...