IniciosociedadeOuro Puro e O Poder das Flores, ambas de Alfoz, as mellores...

Ouro Puro e O Poder das Flores, ambas de Alfoz, as mellores meles de Galicia

Iván Marrube e Javier Carreiras recibiron os máximos galardóns polos produtos nas variedades monofloral e multifloral; a valadourense Mari Fe Sixto, de O Trobo, alcanzou un terceiro posto

Publicada o

- Advertisement -

O mel ‘Ouro Puro‘, de Alfoz, foi elixido o mellor monofloral de Galicia na XIX Cata dos Meles organizada pola Consellería de Medio Rural e a Idicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia, que contou coa participación de 37 mostras deste produto. O conselleiro, José González Vázquez, entregoulle esta distinción ao responsable da marca, Iván Marrube, nun acto celebrado o pasado xoves, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. ‘O Poder das Flores‘, tamén asentada no municipio alfocego e liderada por Javier Carreiras, recibiu o máximo galardón na variedade multifloral.

Non foi a única distinción para A Mariña e en concreto para o Val do Ouro, que se confirman como potencias meleiras: na categoría multifrolar, o bronce foi para “O Trobo Mel do Valadouro”, de Mari Fe Sixto Pernas.

Sixto, co galardón. AXM

Marrube está moi contento por “acadar este premio na primeira vez” que presentou o seu mel a unha cata e explica: “levamos producindo mel desde o ano 2012 coa marca Ouro Puro, que é un proxecto que puxemos en marcha para crear unha firma galega de produtos de primeira calidade. Isto dános forzas para continuar nesta liña de traballo”, concluíu.

Consulta nesta ligazón a listaxe de mellores meles e queixos de Galicia.

ÚLTIMAS

Detido en Ribadeo o presunto autor dun roubo con forza na casa dun familiar

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Ribadeo un veciño de Trabada, de...

A Carreira de Reis en Barreiros recadou 600€ para a asociación Saúde Mental A Mariña

A Carreira solidaria de Reis, organizada polo Concello de Barreiros, logra recadar 667 euros...

Balance positivo de ACISA da XIV Festa do Comercio en Ribadeo

Acisa fai un balance moi positivo da XIV Festa do Comercio, que reuniu o...

O 2 de marzo partirá de Ribadeo a IV Edición da Peregrinación ‘O Camiño do Mar Concello a Concello’

O vindeiro 2 de marzo partirá de Ribadeo a cuarta edición da peregrinación O...