IniciosociedadeBurela seguirá confinada perimetralmente e coa hostalería pechada ata alomenos o venres

Burela seguirá confinada perimetralmente e coa hostalería pechada ata alomenos o venres

A Xunta levanta as restricións en Santiago, Ames, Teo, Ourense, Barbadás, Pereiro de Aguiar, Ares e A Estrada e decide aplicalas en diante na Guarda e As Pontes

Publicada o

- Advertisement -

O municipio de Burela seguirá confinado perimetralmente e coa hostalería pechada, situación que se repite desde o pasado 6 de novembro, alomenos ata o vindeiro venres, segundo a información ofrecida pola Xunta de Galicia ás 23.00 horas deste martes. No día de reunión do comité clínico coa fin de avaliar as medidas a tomar para atallar a propagación da Covid-19, o Goberno autonómico tomou a decisión de levantar as restricións especiais nos concellos de Santiago, Ames, Teo, Ourense, Barbadás, Pereiro de Aguiar, Ares e A Estrada. A Guarda e As Pontes incorpóranse á nómina de municipios coa mobilidade e a restauración restrinxidas.

Son 56 os municipios galegos que padecen estas restricións, entre eles Burela. As localidades de Boiro, A Rúa, A Lama, Ordes e Cerceda, malia continuar co mesmo nivel de restricións actual, serán obxecto dunha vixilancia especial por parte do grupo de expertos, expuxo o Goberno autonómico.

As restricións provocaron o malestar tanto da corporación, que instou á Xunta a explicar a motivación de que Burela manteña o confinamento perimetral e a hostalería pechada e a adoptar “medidas alternativas“, e tamén da propia veciñanza, que a petición dos hostaleiros se concentrou na praza do consistorio o pasado domingo.

Burela documentou nos últimos 14 días 26 positivos novos, cunha evolución epidemiolóxica favorable, dado que o 21 de novembro contaba 39 casos nese mesmo período. A vindeira reunión do comité clínico será o venres e en teoría as medidas adoptadas pola Xunta quedan extinguidas ese mesmo día 4, pero o Goberno autonómico podería decidir renovalas.

ÚLTIMAS

O presidente da República de Cabo Verde recibe á alcaldesa de Burela no pazo presidencial

O Presidente da República de Cabo Verde, José María Neves, vén de recibir á...

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Finalizan en Ribadeo as Xornadas Profesionais de Corresponsabilidade

Coa presentación este mediodía do Decálogo Local pola Corresponsablidade remataron en Ribadeo as Xornadas...

Nenos e nenas das Escolas Deportivas de Barreiros saíron ao campo acompañando a xogadores do CD Lugo

As nenas e nenos das Escolas Deportivas Municipais de Barreiros foron protagonistas este sábado...