IniciosociedadeBaixa a oito o número de ingresados con coronavirus no Hospital da...

Baixa a oito o número de ingresados con coronavirus no Hospital da Mariña

Descenden os casos activos na provincia, 1.102, e os positivos novos detectados nas últimas 24 horas (37)

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 1.102, seis menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este mércores polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse un total de 37 positivos novos.

Dos 1.102 contaxiados, 43 permanecen ingresados, catro menos ca onte. O Hospital Público da Mariña atende oito pacientes con Covid-19, por 28 o HULA -entre eles os oito da área sanitaria lucense que requiren de coidados intensivos- e sete o centro hospitalario de Monforte.

No histórico da provincia documéntanse 118 falecementos –o último, o dunha usuaria da residencia de Guntín-, 4.804 altas e 6.024 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 99.387 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse 613 probas.

No tocante á situación epidemiolóxica, en Burela detectáronse 38 casos nos últimos 14 días, cunha taxa de incidencia acumulada da Covid-19 igual ou superior aos 250 positivos por 100.000 habitantes. En Viveiro, que igual que o municipio burelao seguirá confinado perimetralmente e coa hostalería pechada, localizáronse nas últimas dúas semanas 16 infeccións, con entre 50 e 150 contaxios por cada 100.000 residentes.

Segundo concretou o responsable da área sanitaria, Ramón Ares, a liberación do municipio de Monforte das restricións de nivel 1, que padecen os dous municipios mariñaos entre outros arredor de 60 concellos galegos, debeuse a que a taxa de incidencia acumulada baixou dos 100 positivos por 100.000 habitantes.

En Foz, o número de casos novos segue en aumento, con 27 nos últimos 14 días, por 15 de Cervo, 10 de Xove e outros tantos de Ribadeo. Con entre un e nove casos novos nese mesmo prazo sitúanse O ValadouroAlfozMondoñedoLourenzáBarreirosTrabada e A Pontenova. Ourol, Riotorto e O Vicedo seguen libres de Covid-19.

GALICIA

Galicia rexistra outros 521 casos de Covid-19 con Vigo e A Coruña como áreas máis afectadas. O número de casos activos na comunidade sobe a 8.638 tras facer o Sergas 2.000 PCR máis que o martes. Le a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...

Burela reforza recursos ante emerxencias cardíacas con novos desfibriladores

O Concello de Burela continúa reforzando os seus medios de resposta ante emerxencias cardíacas...