IniciosociedadeAs aulas multiusos, sensorial e de psicomotricidade amplían a oferta do centro...

As aulas multiusos, sensorial e de psicomotricidade amplían a oferta do centro de día de Aspanane

Dezanove usuarios benefícianse dos servizos, financiados nun 80% polo GDR Terras de Miranda, que lles permiten gañar en autonomía, iniciarse en Internet ou traballar musculatura e mobilidade

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de pais de persoas con discapacidade intelectual de Viveiro (Aspanane) conta deste este ano con tres aulas -unha multiusos, outra de psicomotricidade e outra sensorial- para o seu centro de día. Un proxecto que tivo un orzamento de 34.833 euros, financiado ao 80% polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Miranda.

Estas tres aulas viñeron a solventar carencias que tiña a agrupación no seu centro de día e a ampliar o seu abano de posibilidades. “A creación dunha aula multisensorial cubre moitas delas, xa que serve para estimular tanto os sentidos coma o equilibrio, a relaxación, ou unha cama de auga que é especialmente importante para as persoas que temos en cadeira de rodas, porque é idónea para traballar a fisioterapeuta ou o terapeuta ocupacional; quedan relaxados, menos contraturados, é unha mellora impresionante”, explica a directora, Elena Santos. Deste xeito, os usuarios poden aumentar o seu grao de autonomía.

Por outra banda, a aula de psicomotricidade consta de escaleiras para poder subir e baixar ou paralelas -a fin de traballar ombros-, o que permite traballar a actividade física, “o músculo ou a mobilidade, que é moi beneficioso para eles”. Este servizo axuda á unha correcta hixiene postural, previr caídas, gañar forza muscular e tamén a reducir a ansiedade e o estrés.

Finalmente, a aula multiusos ten unha parte de descanso, outra de informática e outra para traballar en grupo. “Ábrenos moitas posibilidades pois permítenos facer un montón de talleres“, indica Santos. Aprender a manexar o ordenador e iniciarse no uso de internet, mellorar a discriminación visual ou estimular funcións cognitivas, tales como a atención, a percepción ou a memoria, foron algunhas das actividades realizadas.

O OBXECTIVO, AXUDAR A DESENVOLVER UN PROXECTO DE VIDA

Aínda que as tres aulas estaban en funcionamento á altura do confinamento, Santos concreta que “agora cobraron moita máis importancia. Despois de meses na casa un agarrótase e costa volver empezar, así que para nós son unha marabilla”. O centro de día de Aspanane, aberto no 2009, conta con 19 usuarios, que se benefician na súa totalidade desta mellora.

Aspanane é unha asociación veterana, fundada no 1981. O colectivo, sen ánimo de lucro, atende a usuarios do Vicedo, Ourol, Viveiro, Xove e Foz. O seu obxectivo é traballar con persoas con discapacidade intelectual adultas para conseguir a súa integración na sociedade e mellorar a súa calidade de vida e das súas familias, de xeito que poidan desenvolver un proxecto de vida, así como promover a súa inclusión como cidadáns de pleno dereito nunha sociedade xusta e solidaria.

UNHA RESIDENCIA, MATERIA PENDENTE

A vindeira meta da agrupación é contar cunha residencia para persoas con discapacidade intelectual, que sería a primeira da Mariña Lucense. Servirá para amparar a aquelas que sobrevivan aos seus familiares. “A medida que se van facendo maiores, tanto eles como as súas familias, aumentan as complicacións, e para os irmáns ás veces é complicado facerse cargo. Precisámola como o comer porque é unha materia pendente. Non hai un xeriátrico así en toda a comarca e incluso hai escaseza de prazas nas provincias de Lugo ou A Coruña”, concreta Santos.

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O PXOM aprobouse despois de esperar seis anos polos permisos de Augas de Galicia”

-Por que se tardou tanto en aprobar o PXOM de Foz? Houbo un cambio de...

Adolfo Corral: ‘O SERGAS di que a asistencia sanitaria na Mariña está garantida, nós dicimos que non é certo’

-Ademais do persoal que traballa no centro hospitalario de Burela, ás concentracións acoden tamén...

Foz celebra a Festa do Berberecho o sábado 26 de abril

O próximo sábado, día 26 de abril chega de novo a Festa do Berberecho...

Xebra! celebrará a presentación do libro ‘Diário comboio’ de Raquel Miragaia

O centro social Xebra! acolle este venres 25 de abril a presentación de 'Diário...