IniciosociedadeO peche de Asturias deixa o comercio de Ribadeo "ao bordo do...

O peche de Asturias deixa o comercio de Ribadeo “ao bordo do colapso”, di Acisa

Os empresarios lembran que "o 60% dos clientes" veñen do Principado, polo que as restriccións á mobilidade supoñen "un golpe que nos pon nunha situación crítica"

Publicada o

- Advertisement -

EFE. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa) de Ribadeo considera “inxustas” as restriccións impostas polas diferentes Administracións para frear os contaxios da covid-19, tanto o toque de queda como o peche do Principado de Asturias, porque levan aos negocios da localidade “ao bordo do colapso”.

“Se seguimos a este paso non vai facer falta que nos pechen os negocios, ímolos ter que pechar nós porque non poderemos facer fronte ás débedas“, dixo o presidente deste colectivo, Francisco Iriarte.

Para Iriarte, “o peche da mobilidade con Asturias foi o último golpe. Ribadeo vive en máis dun 60 por cento dos clientes que proveñen do Principado de Asturias, tanto do Occidente como das tres principais cidades e da conca mineira”, remarca.

Por iso, “pechar de novo a mobilidade implica perder nosa principal fonte de ingresos, que xa se atopaba moi mermada”, advirte.

“Isto para Ribadeo é un golpe sen paliativos, que nos pon nunha situación crítica. É difícil de entender que os veciños de Vegadeo, Tapia, Castropol, Navia e alrededores, nunha situación epidemiolóxica suponse que similar á nosa, non poidan cruzar a Ponte dos Santos, rompendo así unhas sinerxias históricas”, lamenta.

No pasado mes de maio, durante o previo estado de alarma, 14 municipios fronteirizos da provincia de Lugo e Asturias reclamaron que se levantasen as restriccións aos desprazamentos entre ambas comunidades, falando da separación de familias, da imposibilidade de acceder a propiedades, en suma, dunha comarca natural que a medida frustra.

ÚLTIMAS

Esixen á Xunta de Persoal demostrar que son os convocantes das concentracións no Hospital de Burela

A Dirección do Hospital esixe por escrito que a Xunta de Persoal demostre que...

Política Social non aborda os problemas de Foz no Parlamento

A conselleira de Política Social, Fabiola García, en resposta a unha pregunta parlamentaria da...

A Praza de Abastos de Viveiro recibe máis de 47.000 euros para a súa revitalización

O Concello de Viveiro recibiu unha axuda de 47.702,40 euros da Consellería de Emprego,...

Deteñen na estación de bus de Viveiro ao atracador dun banco en Burela

A Garda Civil detivo a un home na estación de autobuses de Viveiro como o presunto responsable...